|
Para que serven as enquisas?
A enquisa permite realizar unha serie de preguntas ao alumnado e analizar as súas respostas. Ademais, as enquisas pódense configurar para que sexan anónimas de ser necesario.
Como exemplo de uso, poderiamos crear unha enquisa para coñecer a opinión do alumnado sobre unha determinada materia, sobre os contidos da propia materia, sobre as prácticas...
Como se crea unha enquisa?
- Activar o modo edición.
- No tema que se desexe, pulsar sobre Engadir unha actividade ou un recurso.
- Seleccionar o tipo de actividade Enquisa.
- Pulsar o botón Engadir.
 |
| Imaxe 4.4.1 Actividade tipo Enquisa |
Dentro dos apartados que podemos configurar nas enquisas existen moitos que tamén aparecen nos recursos xa vistos: Apariencia, restrinxir acceso etc. Non obstante, existen tamén apartados específicos para as enquisas.
Xeral
- No campo Nome introduciremos un título para identificar dita enquisa.
- Tipo de enquisa. Seleccionamos o tipo de enquisa que queiramos aplicar. Hai dispoñibles tres tipos de enquisa diferentes:
- ATTLS - Attitudes to thinking and Learning Survey, ou o que é o mesmo, actitudes de pensamento e aprendizaxe. Serve para medir o grado no que o alumno é un «coñecedor conectado» (tende a gozar máis da aprendizaxe, é máis colaborativo e está disposto a aprender das ideas dos demais), ou ben é un «coñecedor desconectado» (tende a adoptar unha actitude de aprendizaxe máis crítica e argumentativa).
- Incidentes críticos, permítenos coñecer a valoración persoal dos estudantes con detalle, xa que permite describir incidentes relacionados con aspectos parciais do curso.
- COLLES - Constructivist on line Learning Enviroment Survey, ou o que é o mesmo, enquisa en liña sobre o entorno de aprendizaxe construtivista. Este tipo de enquisas poden ser útiles para a avaliación da educación en liña, así como para identificar certas tendencias que poidan estar dándose entre os participantes. Serve para facer o seguimento do nivel no que a capacidade interactiva da World Wide Web pode ser explotada para que os alumnos se involucren en prácticas educativas dinámicas.
- Descrición. Finalmente, engadimos un pequeno parágrafo para definir os obxectivos da propia enquisa ou o modo de funcionamento.
Configuración común do módulo
Como no caso das conversas, e en xeral de todos os recursos e actividades, neste apartado tamén contamos coa opción modo de grupo en separados ou visibles, de xeito que as persoas participantes poidan participar no seu grupo podendo non ver aos outros ou si, respectivamente.
|