4.2. As conversas (chat)
|
Para que serven as conversas (chat)? As conversas (chat) de Moodle son unha ferramenta de comunicación que permite aos usuarios manter conversas en tempo real. A calquera usuario que xa estea familiarizado con algún tipo de chats ou aplicacións de mensaxería instantánea, resultaralle moi fácil utilizar o chat de Moodle xa que o funcionamento é moi similar a outras ferramentas deste tipo. Como se crea unha conversa? Para poder utilizar un chat (conversa) de Moodle como ferramenta de comunicación é necesario que esta sexa creada polo profesor ou profesora. Pódese crear unha única sala para todo o curso e repetir sesións nela para múltiples reunións. Tamén se poden crear varias salas para distintos usos. Para crear un chat dentro dun determinado tema do curso, debemos proceder da seguinte maneira:
Nas conversas temos varios parámetros que deberemos configurar, entre os que destacamos os seguintes: Xeral Introducimos un nome para identificar a sala de conversa que estamos a crear e escribimos unha pequena descrición sobre os obxectivos ou as normas da conversa. Sesións de conversa Configuración común do módulo Neste apartado contamos cunha opción moi interesante, que é establecer o modo de grupo en separados ou visibles, de xeito que as persoas participantes poidan conversar ao mesmo tempo en varios grupos de forma independente. Como funciona? Dentro de cada sala, cada participante pode escribir o que desexe no espazo que se mostra na parta inferior da pantalla e, despois de pulsar o botón Enviar ou a tecla Enter, o texto aparecerá a continuación da última intervención, así como a súa foto (avatar), o seu nome e a hora e minuto na que realizou a intervención. Na parte dereita móstranse os nomes das persoas que están presentes nese momento na sala de chat (sala de conversa) e podemos enviarlles un aviso a través da opción beep que aparece xunto ao seu nome.
É importante ter en conta, que se unha sala de chat (conversa) está visible (e non ten configurada ningunha restrición) poderá ser utilizada por calquera participante que se conecte ao curso, sen necesidade de que o/a profesor /-a estea presente. |
