Para que serven os foros? 

O foro é unha ferramenta de comunicación e traballo. Un foro pode verse como un taboleiro de mensaxes en liña onde os e as participantes no curso poden colocar novas mensaxes ou responder a mensaxes antigas, creando desta maneira fíos de conversa.

As persoas participantes (alumnado e profesorado) poden realizar as súas intervencións no momento que queiran e estas quedarán rexistradas de forma automática co nome do seu autor así como a data e hora da súa publicación.

Moodle permite crear distintos tipos de foro, dando a posibilidade de incorporar ficheiros adxuntos a cada mensaxe e incluso (dependendo da configuración do foro) permitindo cualificar as intervencións. Nos foros tamén é posible subscribirse, de maneira que o usuario recibirá un correo electrónico con cada nova intervención.

Como se crea un foro? 

Para engadir un foro ao noso curso debemos seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre a ligazón Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Seleccionar a actividade Foro (imaxe 4.2.1).
  4. Pulsar o botón Engadir.
Actividade tipo Foro
Imaxe 4.2.1 Actividade tipo Foro

Os aspectos configurables dun foro aparecen clasificados por apartados, dos que destacamos os específicos para este recurso:

Xeral

  • Nome do foro: introduce o nome que queiras para identificar o foro.
  • Descrición: un pequeno texto onde se explique a temática do foro, os tipos de debates que se permiten ou calquera outra circunstancia que se queira indicar.
  • Tipo de foro: será necesario seleccionar un tipo de foro, de entre os seguintes:
Foros
Tipo de foro Como funciona
Cada persoa comenta unha discusión Cada alumno/a pode comentar un novo tema de debate, e todos poden responder.
Foro de preguntas e respostas (P e R) Os/as alumnos/as primeiro deben escribir os seus puntos de vista antes de ver os comentarios dos demais.
Foro estándar para uso xeral É un foro aberto no que calquera pode comezar un novo tema de debate en calquera momento.
Foro estándar presentado nun formato semellante ao dun blog É un foro aberto no que calquera pode comezar un novo tema de debate en calquera momento e no que os temas de discusión amósanse nunha páxina con ligazóns «Discute este tema».
Unha discusión simple única Un único tema de discusión que todos poden responder (non se pode utilizar con grupos separados).

Availability

Podemos indicar a partir de que data se pode participar no foro e ata cando.

Anexos e reconto de palabras

Podemos decidir se o foro permite anexar ficheiros ás intervencións dos e das participantes e, de ser así, tamén se pode decidir o tamaño máximo do ficheiro xunto. Ademais tamén se poderá configurar o número máximo de ficheiros anexos así como o número de palabras utilizadas en cada mensaxe.

Subscrición e seguimento

A modalidade de subscrición implica que sexa enviada por correo electrónico unha copia de cada intervención neste foro a tódalas persoas participantes do curso, de acordo aos seguintes criterios:

  • Subscrición opcional
    Cada usuario pode decidir se desexa estar subscrito ou non.
  • Subscrición forzada
    Tódolos usuarios estarán subscritos, sen posibilidade de que se poidan dar de baixa individualmente.
  • Autosubscrición
    Inicialmente están subscritos tódolos participantes, pero cada un individualmente pode decidir darse de baixa.
  • Subscrición desactivada
    Non se permite a subscrición de ningún usuario a ese foro.

En canto ao seguimento, podemos configurar se estará permitido para as persoas participantes facer seguimento de se as mensaxes son lidas ou non.

Bloqueo de discusión

Permite bloquear a discusión unha vez pasado certo período de inactividade.

Limiar de comentarios para bloqueo

Permite establecer un máximo de intervencións para as persoas participantes dentro dun tempo estipulado.

Puntuacións (Whole forum grading)

Establécense aquí os parámetros para a cualificación da actividade (roles que poderán cualificar, métodos de cálculo das puntuacións, escala a utilizar e intervalos de datas das intervencións que serán cualificadas)

Puntuación

Permite configurar o modo de avaliación do foro para o cualificador.


Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 6:32 PM