Para que serve un libro? 

Un libro permite crear un conxunto de páxinas cunha orde e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións.

O recurso libro permite crear capítulos principais e subcapítulos, pero non afonda máis; é dicir, non é posible crear un subcapítulo dentro doutro subcapítulo xa que este módulo está pensado para ser un recurso de uso sinxelo e directo.

O libro non é interactivo en si mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, ligazóns internas e externas...

Como se crea un libro? 

Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre a ligazón Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Para que sexa máis doada a localización da icona, prememos na lapela Recursos.
  4. Seleccionamos a opción Libro.
Engadir libro
Imaxe 3.6.1  Engadir un libro

No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un Nome para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado Descrición. Ademais, ao igual que co resto de recursos, podemos configurar outros parámetros como, por exemplo, a Apariencia e Restrinxir acceso. Unha vez introducidos estes datos, e despois de premer no botón de Gardar e presentar, o libro estará creado e pasaremos a poder inserir o contido do mesmo.

Na ventá que se nos presenta, engadiremos os capítulos e subcapítulos (Imaxe 3.6.2)

Engadir capítulos
Imaxe 3.6.2  Engadir un capítulo ou subcapítulo
      • Título do capítulo: escribiremos o nome do capítulo ou subcapítulo.
      • Subcapítulo: se marcamos esta opción, estaremos creando un subcapítulo. Isto só funcionará dende que teñamos creado alomenos un capítulo.
      • Contido: editaremos aquí o contido, aproveitando todas as opcións do noso editor de texto de Moodle (textos, imaxes, ligazóns, multimedia...)

Despois de ter creados os capítulos e/ou subcapítulos poderemos xestionalos a través da Táboa de contidos que aparece na parte superior esquerda da pantalla cando temos o noso libro aberto.

Xestionar capítulos e subcapítulos dun libro
Imaxe 3.6.3  Táboa de contidos dun libro

Na seguinte táboa móstrase a funcionalidade de cada unha das iconas dispoñibles:

ICONAS DA TÁBOA DE CONTIDOS (xestionar un libro)
 Icona  Descrición
Abaixo  Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara abaixo, a unha posición inferior. 
Icono arriba  Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara arriba, a unha posición superior. 
Icono editar  Editar as propiedades do elemento. 
Icono eliminar  Borrar (eliminar) o elemento. 
Icono ocultar  Ocultar o elemento. 
Icono engadir  Engadir un novo capítulo ou subcapítulo. 
Última modificación: venres, 8 de novembro de 2024, 7:34 PM