Para que serve unha etiqueta? 

Unha etiqueta serve como un espazador dentro da apariencia xeral dun curso de Moodle. As etiquetas poden usarse para engadir báners ou descricións con texto, imaxe, multimedia ou código, que nos permiten diferenciar e resaltar diferentes áreas ou seccións dentro dun mesmo tema. É un recurso moi versátil que pode axudar a mellorar a aparencia dun curso se se usa de forma intelixente e moderada.

Inserir etiquetas
Imaxe 3.5.1  Etiquetas dentro do tema 1 dun curso

De maneira xeral, as etiquetas colócanse para separar diferentes tipos de contidos na páxina principal do curso, para separar os contidos das actividades ou para separar as diferentes partes nas que se divide un curso ou un tema.

Unha etiqueta pode estar formada por unha única palabra (imaxe 3.5.1), un texto, unha imaxe, unha ligazón ou calquera combinación deste elementos.

 Como se crea unha etiqueta?

Engadir etiqueta
Imaxe 3.5.2  Engadir unha etiqueta

Para engadir unha nova etiqueta, o procedemento será o seguinte:

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre a ligazón Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Seleccionamos a opción Etiqueta.
  4. Finalmente pulsamos o botón Engadir.

Xa que para a súa creación usaremos o editor de texto de Moodle, que permite a inserción de múltiples e diversos elementos, é posible, ademais de escribir textos, engadir imaxes, ligazóns, multimedia ou código desde o propio editor.

Última modificación: venres, 8 de novembro de 2024, 7:33 PM