Para que serve un URL? 

O recurso de tipo URL permite ao profesor/a engadir unha ligazón con calquera páxina web externa ou interna.

Normalmente podemos utilizar este recurso para incluír ligazóns directas a determinados sitios de interese para alumnado, para que os poidan visitar sen necesidade de que teñan que escribir o enderezo. Os URL poden mostrarse de varias maneiras, por exemplo abrir nunha ventá nova de maneira que o alumnado poida acceder e usar este URL e despois pechalo regresando con facilidade á páxina orixinal do curso de Moodle.

Como se crea un URL?

Engadir URL
Imaxe 3.4.1  Engadir un URL

Para engadir un URL no curso, deberemos seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre a ligazón Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Para facilitar a súa localización prememos na lapela Recursos.
  4. Seleccionamos a opción URL.
  5. Finalmente pulsamos o botón Engadir.

Nos parámetros de configuración destacamos os seguintes:

Xeral

  • Nome: introducimos un nome que servirá como título para este recurso.
  • URL externo: neste campo escribimos o enderezo da páxina web coa que queremos enlazar.
  • Descrición:  escribimos un pequeno texto descritivo deste URL.

Aparencia

  • Presentar: este axuste, xunto co tipo de URL, e sempre que o navegador do usuario permita a integración, determina como se presenta o URL. As opcións poden incluír:
    • Automático - Selecciónase de forma automática a mellor opción para presentar o URL.
    • Incrustado - Preséntase o URL dentro da páxina baixo a barra de navegación xunto coa descrición do URL e calquera outro bloque.
    • Abrir - Só se presenta o URL na xanela do navegador.
    • En xanela emerxente - Presentase o URL dentro dunha nova xanela do navegador sen menús nin barra de enderezos.
  • Largura e altura da xanela (en píxeles): permite establecer as dimensións da xanela
  • Presentar a descrición do URL: permite mostrar ou non a descrición da URL.

Variábeis de URL

  • Característica de uso avanzado que permite enviar determinados datos ou variábeis ás URL que se presentan.
Última modificación: venres, 8 de novembro de 2024, 7:28 PM