3.3. Engadir un cartafol
|
Para que serve un cartafol? Moodle permite presentar como recurso un acceso a un conxunto de ficheiros de calquera tipo (documentación, multimedia, software etc) de maneira que o alumnado poida acceder a todo o contido dun determinado cartafol. Os recursos contidos no cartafol poden ser de tipos diferentes e poden subirse dunha vez como un ficheiro comprimido ZIP que será descomprimido posteriormente ou poden engadirse de un en un, dentro dun cartafol baleiro na páxina do curso. Usar un cartafol para mostrar recursos ao alumnado resulta máis elegante que mostrar os ficheiros dun en un nunha lista e tamén ocupa menos espazo na pantalla do curso. Existe unha configuración (opcional) que lle permite ao profesor mostrar dentro da carpeta un botón para descargar, de maneira que o alumnado pode descargar os ficheiros como un cartafol comprimido en formato ZIP. Isto posibilítalles o traballo fóra de liña (sen estar conectado) cos ficheiros descargados. Como se crea un cartafol?
Para engadir un cartafol procederemos da seguinte maneira:
Os apartados de configuración serán os mesmos que no resto de recursos, con excepción do apartado contido, que presenta algunhas diferenzas: Contido
|
