|
Para que serve unha páxina?
As páxinas de Moodle permiten, usando o editor de texto, crear un recurso de tipo páxina web na que se pode presentar información ou contidos do curso, incluíndo imaxes, texto, vídeos, sons, ligazóns..., de maneira que son probablemente o tipo de recurso máis versátil.
O editor de texto (como vimos no Módulo 1) ten un aspecto moi similar ao de calquera procesador de texto e permite dar formato aos documentos, posibilitando a incorporación dunha gran cantidade de elementos dixitais.
Como se crea unha páxina?
Para engadir unha páxina a un tema do curso, haberá que seguir os seguintes pasos:
- Activar o modo edición.
- No tema que se desexe, pulsar sobre a ligazón Engadir unha actividade ou un recurso.
- Para atopala de maneira máis doada, podemo premer na lapela Recursos.
- Seleccionar a opción Páxina.
- Finalmente pulsar o botón Engadir.
 |
| Imaxe 3.2.1 Engadir unha páxina |
Igual que con tódolos demais recursos, neste caso tamén é necesario introducir e configurar algúns datos para a creación dunha páxina, como por exemplo un nome coa que se identificará e un pequeno texto a modo de descrición dela. Xunto a estas dúas características, outros dos aspectos máis comúns que podemos configurar dunha páxina son:
Xeral
- Nome: introducimos un nome que servirá como título para esta páxina.
- Descrición: escribimos un pequeno texto descritivo da páxina.
- Presentar a descrición na páxina do curso: se está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na páxina do curso xusto embaixo da ligazón á actividade / recurso.
Contido
- Contido da páxina: aquí será onde deberemos introducir o contido da páxina propiamente dito: texto, imaxes, multimedia...
Apariencia
- Nesta opción determinamos se a páxina se vai abrir na mesma xanela ou se se vai abrir nunha xanela emerxente, podendo definir o tamaño da xanela e outras opcións de visualización.
Configuración común do módulo
- Dispoñibilidade: Definir se o recurso estará visible ou non.
- Número ID: Se se desexa, asignar un identificador de cara a manexar o recurso no cualificador.
Restrinxir acceso
- Restricións de acceso: podemos engadir restricións de acceso á páxina. É dicir, podemos especificar diferentes accións que ten que ter feito e/ou cualificado o/a participante para poder visualizar a páxina. Para engadir unha restrición basta premer en Engadir restrición.
Completado da actividade
- Establécense as condicións para que o recurso apareza como "completado" (é dicir, visto) no seguimento de completado do curso.
Etiquetas
- Asociamos etiquetas á páxina.
Competencias
- Nesta opción seleccionamos as competencias do curso relacionadas con esta actividade.
|