O/A profesor/a ten a opción de mostrar aos e ás participantes calquera tipo de documentación, ben sexa en formato texto, audio, vídeo...

A maneira de engadir contidos nun curso pasa por activar o Modo Edición, situarse en calquera das seccións (temas) do curso e elixir unha das opcións de Engadir unha actividade ou un recurso.

Engadir actividade ou recurso
Imaxe 3.1.1  Engadir unha actividade ou recurso

Un exemplo de recurso que podemos engadir ao noso curso é un ficheiro. Neste caso, ou ben poderase presentar dentro da interface do curso ou forzar a súa descarga por parte do alumnado.

Para engadir un ficheiro no curso, haberá que seguir estes pasos (incluíndo os citados anteriormente):

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre a ligazón Engadir unha actividade ou un recurso.
  3. Seleccionar a opción Ficheiro.
  4. Pulsar o botón Engadir.

Engadir un ficheiro

Imaxe 3.1.2  Engadir un ficheiro

Hai que ter en conta que cando engadimos un ficheiro ao curso (igual que pasa con calquera outro tipo de recursos) debemos configurar algúns aspectos como o nome co que queremos mostrar este ficheiro, completar unha pequena descrición do mesmo e a apariencia coa que se vai amosar no curso entre outras opcións.

Modificar a configuración dunha actividade ou recurso xa creada

De xeito similar, se o que queremos é modificar un recurso que xa foi configurado no curso, terase que activar o Modo Edición, despregar as opcións de edición pulsando sobre Editar e seleccionar a opción Editar os axustes que se atopa ao comezo da lista despregada. Feito isto, móstrasenos a mesma xanela que ao crear unha nova actividade ou recurso, co que simplemente temos que cambiar o que se desexe. Unha vez finalizado, débese premer en Gardar cambios

Editar os axustes
Imaxe 3.1.3  Editar os axustes
Última modificación: mércores, 2 de abril de 2025, 1:19 PM