O editor de textos de Moodle incorpora un botón chamado Inserir/editar unha imaxe que nos permite inserir imaxes dentro do corpo do contido que estamos creando e tamén este mesmo botón permite editar as características dunha imaxe xa inserida anteriormente.

Os pasos a seguir para inserir unha nova imaxe no noso contido son os seguintes:

  1. Pulsamos sobre o botón Inserir/editar unha imaxe (Imaxe 1.9.1).
  2. Pulsamos sobre o botón Buscar ou cargar unha imaxe (Imaxe 1.9.2).
  3. Asegurámonos que na columna esquerda está seleccionada a opción Enviar un ficheiro (Imaxe 1.9.3) e pulsamos o botón Navegar (Seleccionar ficheiro).
  4. Aparece o navegador de ficheiros do noso ordenador que nos permitirá buscar a imaxe na localización onde a teñamos gardada. Seleccionamos a imaxe que desexamos e pulsamos o botón Abrir (Seleccionar).
  5. De forma automática volveremos á xanela anterior (Selector de ficheiros) onde só nos queda pulsar o botón Enviar este ficheiro.
Insertar/editar unha imaxe
Imaxe 1.9.1. Insertar/editar unha imaxe

Despois de pulsar ese botón, aparecerá en pantalla unha pequena xanela emerxente desde a que podemos seleccionar o ficheiro de imaxe que queremos inserir. Pulsaremos sobre o botón Buscar ou cargar unha imaxe e mostrarase un recadro onde deberemos seleccionar o ficheiro.

Insertar/editar unha imaxe
Imaxe 1.9.2. Buscar/cargar unha imaxe

Nesta xanela pulsaremos o botón Buscar ou cargar unha imaxe para que se nos abra un novo recadro titulado Navegar que nos permitirá navegar polas distintas carpetas e directorios do noso ordenador ata que atopemos a imaxe que queiramos usar para inserir dentro do noso contido.

Insertar/editar unha imaxe
Imaxe 1.9.3. Selector de ficheiros

InformaciónInserir/editar imaxes

Selector de ficheiros (Imaxe 1.9.3) tamén nos permite seleccionar calquera das imaxes que xa inserimos con antelación nalgún momento neste mesmo tema ou en calquera outro dos temas nos que estivemos traballando anteriormente.

Dúas das opcións dispoñibles na columna esquerda, neste sentido, son as seguintes:

Ficheiros do servidor: Móstranos os ficheiros que xa foron subidos anteriormente, ordenados por carpetas e temas.

Ficheiros recentes: Móstranos os derradeiros ficheiros que subimos á plataforma.

Última modificación: sábado, 2 de outubro de 2021, 2:02 PM