Como vimos no apartado 1.2, ao premer no Menú de usuario aparécennos as ligazóns ao Perfil e ás Preferencias entre outras.

Área persoal
Imaxe 1.3.1 Menú de usuario

Dende estas ligazóns poderemos modificar os nosos documentos privados e a información persoal que se amosa de nós na plataforma, así como configurar os diferentes menús cos que traballamos na plataforma coa nosa conta de usuario.

A miña área persoal

É a nosa páxina persoal de usuario ou usuaria, nela aparecen os cursos aos que temos acceso e o estado das actividades que hai neles. Podemos acceder a través da barra de navegación (é a raíz da ruta que estamos a usar en cada momento) premendo na ligazón Taboleiro.

Taboleiro
Imaxe 1.3.2 A miña área persoal

Dende o menú tamén podemos acceder á ligazón a Ficheiros Privados. Esta opción permítenos subir ficheiros a un cartafol privado. Dende aquí podemos realizar as seguintes accións:

  • Subir ou engadir un novo ficheiro [Engadir ficheiro] (sen exceder o límite de tamaño máximo por ficheiro).
  • Crear un novo cartafol [Crear cartafol] para poder ter organizados os nosos ficheiros.
  • Descargar todo [Descargar todo] o contido do cartafol nun ficheiro comprimido .ZIP.
Os meus ficheiros privados
Imaxe 1.3.3 Os meus ficheiros

O meu perfil

Esta opción permite á persoa usuaria, entre outras opcións, revisar os seus datos persoais, comentarios e/ou discusións nos foros e os roles que ten en cada un dos cursos nos que se atopa matriculado.

Perfil
Imaxe 1.3.4 O meu perfil

Nesta xanela atoparemos os seguintes bloques:

  • Detalles do usuario. Neste bloque podemos Editar o perfil, é dicir, o usuario ou usuaria pode revisar a información visible por outros participantes cos que comparte cursos.
  • Privacidade e normas. Permítenos ver un resumo do tempo que se gardarán os datos que se toman no curso e podemos visualizar as políticas e acordos para os que demos o consentimento.
  • Detalles do curso. Permítenos consultar cal é o rol que temos en cada un dos cursos nos que estamos matriculados.
  • Varios. Dentro deste bloque, e entre outras ligazóns, podemos atopar un acceso rápido a tódalas mensaxes que temos publicadas nos foros dos cursos nos que nos atopamos matriculados. Este acceso pode ser de dúas formas diferentes:
    • Comentarios do foro (mensaxes) publicados pola persoa usuaria (os máis recentes primeiro).
    • Debates do foro (debates) ou temas iniciados pola persoa usuaria.
  • Informes. Neste bloque podemos consultar a seguinte información:
    • Sesións do navegador que temos activas.
    • Vista xeral das cualificacións de cada un dos cursos nos que estamos matriculados.
  • Actividade de acceso. Amosa a data e hora do noso último acceso.
  • Apli Mobile. Xenera un código QR para acceder ao curso dende un dispositivo móbil.

Preferencias

Nesta xanela atopamos as opcións básicas de configuración da nosa conta de usuario. Como se pode ver na imaxe, estas opcións divídense en tres categorías: Conta de usuario, Blogs e Insignias.

Preferencias
Imaxe 1.3.5 Preferencias

Entre as principais opcións de cada unha podemos destacar:

  • Conta de usuario. Entre as opcións de maior relevancia podemos destacar:
    • Editar o perfil. Permite modificar algúns dos datos do perfil da conta de usuario.
    • Cambiar contrasinal. Dende esta opción poderemos cambiar o noso contrasinal de acceso a Moodle.
    • Preferencias de foro. Dende esta opción podemos xestionar as Subscricións automáticas aos diferentes foros así como as notificacións que nos gustaría recibir deles.
    • Preferencias do editor. Nesta opción podemos cambiar o editor de texto que aparece en cada un dos contidos que engadimos ao curso.
    • Preferencias de notificación. Permite configurar as notificacións de entrega e/ou participación de tarefas, foros, cuestionarios... do noso alumnado.
  • Blogs. Permite configurar o número de artigos por Blog así como os Blogs externos.
  • Insignias. Permite xestionar as insignias persoais.
Última modificación: martes, 22 de outubro de 2024, 9:10 PM