Práctica 4. Crea unha tarefa para entregar en grupo
Requisitos do completado
Nesta tarefa buscaremos acadar os seguintes obxectivos:
- Familiarizarse coa xestión de grupos de alumnos dentro dun curso de Moodle.
- Aprender a crear actividades para entregar en grupo.
Esta tarefa vai ser realizada en dúas partes. Pasos para realizalas:
1ª Parte:
- Accede ao teu curso.
- Activa o modo edición.
- No tema 1 do teu curso, pulsa na ligazón Engadir unha actividade ou un recurso e engade unha Tarefa coas seguintes características:
- Nome da tarefa: Tarefa para entregar en grupo.
- Descrición: Neste apartado debes escribir o texto co enunciado da tarefa. Aquí debes explicar en que consiste a tarefa e como queres que a realice o alumnado.
En concreto, nesta tarefa debes pedirlles as túas alumnas e alumnos que fagan un traballo relacionado con este tema 1 do teu curso e que deberá entregar un membro do seu grupo, nun ficheiro con formato PDF. - Dispoñibilidade: Neste apartado debes desmarcar tódalas celas, non debe haber nada seleccionado.
- Tipos de entrega: marca a opción Entregas de ficheiros.
- Axustes de entregas de grupos: Selecciona Si na opción Alumnos que entregan en grupos.
- Cualificación: Cambia a cualificación máxima da tarefa que por defecto está en 100 a 10.
- Configuración común do módulo: Neste apartado selecciona a opción Modo de grupo: Grupos separados.
- Tódolos demais campos déixaos cos valores por defecto.
- Pulsa o botón Gardar e volver ao curso.
2ª Parte:
IMPORTANTE: Como a tarefa que creaches ten marcada a opción Alumnos que entregan en grupos, será suficiente con que un/ha alumno/a do grupo entregue a tarefa para que a tódolos demais persoas do grupo lles apareza a tarefa como entregada.
- Entra no teu curso identificándote cos datos dun dos teus alumnos/as (o/a alumno/a que queiras).
- Realiza a tarefa como alumno/a e sube o ficheiro a esta tarefa.
- A continuación entra no teu curso co teu usuario habitual (profesor/a do curso), pulsa sobre esa tarefa e fai clic na ligazón Ver todas as entregas.
- Comproba que agora tódolas persoas do grupo ao que pertence o alumno/a que realizou a tarefa, aparecen coa tarefa entregada.