Práctica 3. Crea unha proba para un único alumno (acceso condicionado)
Requisitos do completado
Nesta tarefa traballaremos as seguintes posibilidades da aula virtual:
- Coñecer os distintos tipos de actividades que ofrece Moodle.
- Experimentar a creación de "probas" usando previamente o "banco de preguntas".
Pasos para realizar a tarefa:
- Accede ao teu curso.
- Activa o modo edición.
- Debes crear unha nova Proba (no tema 3, igual que na tarefa anterior), coas seguintes características:
- No apartado Xeral introduce o Nome = Segundo cuestionario.
- No apartado Sincronización as datas de Abrir a proba e Pechar a proba deben aparecer desactivadas (desmarcadas).
- No apartado Cualificación seleccionar Intentos permitidos = 1.
- No apartado Restrinxir acceso debes indicar que esta proba unicamente será accesible para o teu alumno número 2, da seguinte maneira:
→ Preme en engadir restrición e selecciona no recadro emerxente o campo Perfil de usuario
→ Configura a restrición seleccionando en Campo de perfil de usuario a opción Nome e a continuación selecciona o criterio é igual que, escribindo despois no recadro o nome do alumno número X que elixiras (só o nome, que neste caso será AlumnoX_moodle).
- Todos os demais apartados deben quedar sen modificación. - Finalmente pulsa o botón Gardar e volver ao curso.
IMPORTANTE: Esta nova proba debe conter 2 preguntas do tipo que desexes (verdadeiro ou falso, resposta directa...). Estas 2 novas preguntas deberás crealas previamente no Banco de preguntas, igual que fixeches nunha tarefa anterior deste mesmo curso.
*COMPROBACIÓN OBRIGATORIA*: Cando teñas a proba xa creada, debes comprobar que realmente só pode acceder a esta proba o teu alumno número X.
Para facer esta comprobación, entra no teu curso identificándote cos datos do Alumno A (diferente ao que elixiras como X) para comprobar que non podes acceder a esa proba e a continuación entra de novo identificándote cos datos do Alumno X para comprobar que si tes acceso á proba.