Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. PFPP24-25
  3. 4. As actividades de Moodle
  4. Práctica 2. Engade unha proba no tema 3 do curso

Práctica 2. Engade unha proba no tema 3 do curso

Requisitos do completado

Nesta tarefa poremos en práctica as seguintes funcionalidades da aula virtual:

  1. Familiarizarse cos distintos tipos de actividades dispoñibles en Moodle.
  2. Practicar a creación de probas (cuestionarios)

Pasos para realizar a tarefa Pasos para realizar a tarefa:

  1. Accede ao teu curso.
  2. Activa o modo edición.
  3. No tema 3 do teu curso, pulsa na ligazón Engadir unha actividade ou un recurso en engade unha Proba coas seguintes características:
    - Nome: Cuestionario do tema 3
    - Sincronización: As datas de Abrir a proba e Pechar a proba deben aparecer desactivadas.
    - Cualificación: Neste apartado debes seleccionar Intentos permitidos = 1.
    Tódolos demais apartados deben quedar sen modificación, é dicir, debes deixalos coa configuración que teñen por defecto.
  4. Pulsa o botón Gardar e presentar.
  5. A continuación aparece unhaa mensaxe que indica que aínda non se engadiron preguntas. Aquí debes pulsar o botón Engadir pregunta.
  6. Na seguinte pantalla preme en engadir e selecciona + do banco de preguntas para que se mostren as preguntas do banco de preguntas que creaches anteriormente na tarefa 2.3. deste curso.
  7. Marca (selecciona) nos recadros as preguntas que creaches anteriormente e pulsa o botón Engadir preguntas seleccionadas á proba, para que estas preguntas pasen a formar parte do cuestionario que estás creando.
  8. Finalmente pulsa o botón Gardar na esquina superior da pantalla de edición do cuestionario.
  9. Volve ao curso e move (despraza) esta proba para colocala xusto debaixo da etiqueta Actividades (no caso de que apareza nunha localización distinta).

IMPORTANTE: Como mínimo 2 alumnos/as matriculados/as no teu curso deben realizar esta proba, polo que deberás acceder ao teu curso primeiro entrando cos datos dun alumno/a e despois entrando cos datos do/a outro/a e responder ás preguntas desta proba.

COMPROBACIÓN: Estando na páxina do cuestionario accede ao menú Administración -> Administración da proba -> Resultados -> Cualificacións e comproba os resultados que obtivo o alumnado.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle