Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. PFPP24-25
  3. 4. As actividades de Moodle
  4. Práctica 1. Engade un foro no tema 1 do curso

Práctica 1. Engade un foro no tema 1 do curso

Requisitos do completado

Nesta tarefa traballaremos as seguintes funcionalidades da aula virtual:

  1. Familiarizarse cos diversos tipos de actividades que ofrece Moodle.
  2. Practicar a creación de foros.

Pasos para realizar a tarefa Pasos para realizar a tarefa:

  1. Accede ao teu curso.
  2. Activa o modo edición.
  3. No tema 1 do teu curso, pulsa na ligazón Engadir unha actividade ou un recurso e engade un Foro coas seguintes características:

    - Localización do foro = o foro debe ir colocado debaixo (inmediatamente despois) da etiqueta Actividades.
    - No apartado Xeral introduce como Nome do foro = Foro de dúbidas e consultas.
    - No apartado Xeral introduce no campo Descrición = un pequeno texto onde expliques para que serve este foro ou cal é a súa utilidade dentro do curso.
    - No apartado Xeral selecciona Tipo de foro = Foro estándar para uso xeral.
    - No apartado Subscrición e seguimento debes seleccionar a opción Modo de subscrición = Subscrición forzada.
    - No apartado Configuración común do módulo selecciona a opción Modo de grupo = Sen grupos.

  4. Despois de crear este foro, como mínimo 1 alumno/a debe realizar unha pregunta no foro e o profesor ou profesora responderá a esta consulta. É dicir, debes entrar no curso identificándote cos datos dun/ha alumno/a e realizar unha consulta no foro, a continuación entrarás no curso identificándote cos datos do/a profesor/a e responderás á pregunta.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle