Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. PFPP24-25
  3. 3. Recursos e contidos de Moodle
  4. Práctica. Engade unha páxina no teu curso

Práctica. Engade unha páxina no teu curso

Requisitos do completado

Nesta tarefa familiarizarémonos coa creación de recursos en Moodle. En particular, crearemos unha páxina de Moodle que conteña diversos elementos de información.

Pasos para realizar a tarefa Pasos para realizar a tarefa:

  1. Accede ao teu curso.
  2. Activa o modo edición.
  3. No tema 1 do teu curso preme en Engadir unha actividade ou un recurso.
  4. Selecciona o recurso Páxina e completa os seguintes campos do formulario:
    Nome: introduce un título para esta páxina.
    Descrición: introduce un pequeno parágrafo para describir esta páxina.
    Contido da páxina: introduce un texto relacionado co tema (título) desta páxina e unha imaxe relacionada co texto que acabas de escribir.
  5. Busca un vídeo en Youtube relacionado co tema 1 do teu curso e insíreo ao final da páxina (consulta a axuda no recadro verde, ao final desta tarefa).
  6. Coloca esta páxina inmediatamente debaixo da etiqueta Contidos que creaches na tarefa anterior.

Na imaxe inferior podes ver o cursor  [ Arrastrar e soltar ] cando temos activado o modo de edición no curso e pasamos co rato por riba de calquera elemento. Simplemente teremos que premer e arrastrar sen soltar ata cambialo á posición desexada.

Mover os elementos
Imaxe 3.8.1 Mover os elementos

Outra opción para desprazar o elemento sería, unha vez activada a Edición no curso, premer nos tres puntiños situados á dereita e escoller Mover, tal como se mostra na seguinte imaxe.

Mover os elementos
Imaxe 3.8.2 Mover os elementos

Na ventá que nos aparece, teremos que escoller o sitio onde queremos fixalo. Para iso facemos clic no elemento debaixo do cal quedará emprazado aquela actividade ou recurso que estamos a desprazar.

Fixar os elementos
Imaxe 3.8.3 Mover os elementos

IMPORTANTE: Asegúrate de que introduciches os 3 elementos que pedimos nesta tarefa (un texto, unha imaxe e un vídeo) antes de enviala para corrixir.
Ademais, debes comprobar que o teu alumnado pode ver correctamente o vídeo que inseriches, polo tanto, antes de enviar a tarefa, tamén debes entrar no teu curso usando as claves de acceso dun dos teus alumnos e reproducir o vídeo. 

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle