Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. PFPP24-25
  3. 1. Aspectos xerais de Moodle
  4. Exemplo Práctica 5. Personaliza os temas do teu curso

Exemplo Práctica 5. Personaliza os temas do teu curso

Requisitos do completado

OLLO. En VILARMIDE, de facer esta práctica, faise na aula virtual do CENTRO

OLLO. As capturas de pantalla que se amosan son ORIENTATIVAS, NO coinciden coas de VILARMIDE

Nesta tarefa familiarizarémonos coa estrutura dun curso en Moodle. Para conseguir este obxectivo teremos que personalizar o curso creado en Moodle para adaptalo a un exemplo real facilmente recoñecible e identificable polo usuario. Para realizar esta tarefa teremos que ter en conta a materia que escollemos, xa que teremos que usar o título dos seus 5 primeiros temas para realizala.

Pasos para realizar a tarefa Pasos para realizar a tarefa:

  1. Identifícate co nome de usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar no espazo de prácticas.
  2. Preme sobre o nome do teu curso que creaches nunha tarefa anterior.
  3. Pulsa o botón activar edición.
  4. Fai clic sobre o botón de tres puntos verticais que aparece á dereita do título do tema e selecciona Editar o tema (Imaxe 1.5.1) para editar as propiedades do título do tema.
  5. Marca a opción Nome da sección e no campo Personalizado introduce o título do primeiro bloque temático que desexes impartir. No campo Resumo debes inserir unha pequena imaxe (máximo 150 píxeles de alto) relacionada con este tema e escribir un breve resumo (un parágrafo) sobre os contidos do tema. Finalmente pulsa o botón Gardar os cambios.
  6. Repite os pasos 5 e 6 para cada un dos restantes temas do teu curso. 
    É dicir, os 5 temas dos que consta o teu curso de Moodle deberán cumprir as seguintes condicións:
    ---> deben titularse igual que os 5 primeiros bloques temáticos que desexes impartir.
    ---> deben ter unha pequena imaxe relacionada coa temática do propio tema.
    ---> deben presentar un parágrafo resumo do seu contido.
Editar o resumo
Imaxe 1.5.1  Editar o resumo

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle