Exemplo Práctica 2. Xestiona os teus ficheiros privados
Requisitos do completado
OLLO. En VILARMIDE, de facer esta práctica, faise na aula virtual do CENTRO
OLLO. As capturas de pantalla que se amosan son ORIENTATIVAS, NO coinciden coas de VILARMIDE
Nesta tarefa teremos que xestionar o noso espazo persoal de almacenamento, facendo uso das accións básicas que se poden realizar para a xestión de ficheiros e cartafoles.
Pasos para realizar a tarefa:
- Entra E identificándote co nome de usuario e contrasinal.
- Accede á túa área de almacenamento persoal Os meus ficheiros privados, pulsando no Menú de usuario -> Ficheiros privados...
- Usando o botón Crear un cartafol [
] crea 2 cartafoles cos seguintes nomes:
- Apuntamentos
- Imaxes
- Sube e mete dentro do primeiro cartafol (Apuntamentos) un ficheiro en formato PDF, que conteña contidos relacionados coa materia ou materias que impartes no teu centro educativo.
- Sube e mete dentro do segundo cartafol (Imaxes) dúas imaxes en formato JPG ou en formato PNG, relacionadas cos contidos do ficheiro PDF anterior.
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala para corrixir seguindo estes pasos:
Pulsa sobre o botónAmosar o cartafol como árbore de ficheirosque aparece na esquina superior dereita do teu espazo de almacenamentoOs meus ficheiros privadose pulsa sobre cada un dos cartafoles que creaches para que se mostre o contido do interior dos dous cartafoles.Realiza unha captura de pantalla onde se vexa claramente o teu espazo persoal de almacenamento (Os meus ficheiros privados) cos dous cartafoles creados e os ficheiros que hai no seu interior (debes despregar o contido dos cartafoles para que se vexa todo na mesma captura). Nesta mesma captura de pantalla debe apreciarse correctamente o URL (enderezo web) que aparece na barra de enderezos do teu navegador.O ficheiro coa captura de pantalla debe chamarsetarefa-1-2-nome-apelido1-apelido2.png(en formato PNG) outarefa-1-2-nome-apelido1-apelido2.jpg(en formato JPG), substituíndo a cadeanome-apelido1-apelido2polo teu propionome e apelidos reais.Pulsa o botónEngadir entregaque aparece na parte inferior e sube aquí o ficheiro coa túa captura de pantalla co nome indicado anteriormente.Pulsa o botónGardar os cambios.
________________________________________________________________________________________________________