A aula de terceiro de primaria converteuse nun auténtico estudio de deseño. Partindo da plantilla de Adlit Tv e con papel, rotuladores e unha gran dose de imaxinación, os alumnos e alumnas déronlle vida a historias impresionantes a través do cómic.
Nesta viaxe creativa, exploraron o deseño de personaxes, xogaron coas onomatopeas e aprenderon a dominar a linguaxe das viñetas e dos globos.
Botade unha ollada á arte destes grandes ilustradores e ilustradoras!