Os usuarios das aplicacións do proxecto Webs Dinámicas con permiso de publicación na web do centro deberán respectar en todo momento os seguintes termos e condicións de uso:
Para poder publicar na web do centro é imprescindible ser profesor ou profesora dun centro educativo público galego de ensino non universitario e estar autorizado pola dirección do mesmo.
A identificación do usuario na web do centro estará vinculada de xeito obrigatorio á conta de correo corporativa @edu.xunta.gal.
Non está permitido o uso desta plataforma con fins distintos aos estritamente educativos ou de difusión de información relativa ao centro que poida resultar de interese para o conxunto da comunidade educativa.
Non está permitida a publicación a través desta plataforma de calquera tipo de contido que puidera violar os dereitos protexidos pola actual normativa da propiedade industrial, propiedade intelectual, protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
O incumprimento dalgunha das condicións anteriormente expostas pode ter como resultado o bloqueo da conta de usuario e a eliminación dos contidos correspondentes, sen prexuízo do dereito a emprender posibles sancións e accións legais por parte da administración educativa e a AMTEGA, en caso de estimarse oportuno.