A prensa chega a nosa Tepoteca!
Tepo e Tepa puxéronse ao choio. Montaron o seu propio quiosco cargado de revistas, suplementos e xornais diferentes.
Tamén despregaron unha sección con carteis chea de curiosidades sobre a prensa.
O alumnado baixou para explorar as portadas, diferenciar as partes dos xornais e curiosear as súas revistas favoritas.
E os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria, para demostrar que son uns linces da lectura, enfrontáronse a un reto. Tiveron que responder preguntas investigando nos carteis e resolver enigmas.
Se queredes ver unha mostra, clicade no vídeo.