A través desta conmemoración lembramos a importancia de educar desde as aulas no repecto, na igualdade e na resolución pacífica dos conflictos. Nas escolas é fundamental crear espazos seguros onde o alumnado aprenda que todas as persoas merecen ser tratadas con dignidade e sen ningún tipo de violencia. Por iso, este día convértese nunha oportunidade para reflexionar, sensibilizar e construír entre todos e todas unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Dende a Tepoteca, puidemos desfrutar de toda unha variedade de contos e historias que nos axudan a traballar e a loitar contra calquera tipo de violencia.

Dende os máis pequenos do cole, achégannos uns fantásticos traballos relacionado cun dos contos que traballaron: "Arturo y Clementina". Aquí o resultado do seu gran traballo!