Neste mércores, 4 de febreiro, conmemoramos o Día da Lectura en Voz Alta; e que mellor xeito de poñelo en práctica que inaugurando a nosa sección: contadores de historias!
Zoe e Xiana, de 3º de primaria; e Lía e Martina, de 4º de primaria iniciaron, cunha brillante arte de contar historias, a sección e convidaron ao alumnado de educación infantil a gozar de catro fantásticos contos.
Bravo por elas! Fixéronno superfenomenal!
E xa sabedes, moi pronto, chegarán os seguintes... contadores de historias!


