PROCESO
Agruparédesvos en equipos de catro persoas e cada un, exercerá como un dos seguintes profesionais:
. As biógrafas ou biógrafos buscaredes información nos documentos propostos e recolleredes a información necesaria para crear unha pequena biografía sobre os aspectos máis importantes na vida de Uxío Novoneyra.
. As historiadoras ou historiadores encargarédesvos de recoller os acontecementos sociais, políticos e culturais máis importantes na vida do poeta e aportaredes imaxes dos lugares máis representativos da súa vida.
. As literatas ou literatos traballaredes para coñecer a súa obra literaria. Faredes unha selección de catro dos seus poemas, buscaredes imaxes que os ilustren e recitaredes os poemas elixidos. Sería interesante que no documento de presentación incluísedes algún ficheiro sonoro sobre a súa obra.
. As xornalistas/fotógrafas ou fotógrafos buscaredes artigos nos xornais e completaredes o traballo cunha galería de imaxes relacionadas coa vida e obra do autor.
Para a realización da tarefa seguiredes os seguintes pasos:
- Cada profesional individualmente, recollerá información de todos os recursos dos que dispoñamos (Internet, libros, enciclopedias...) para a continuación intercambiala cos demais membros do grupo.
-
Para axudarvos podedes completar a ficha orientativa na que constan os datos que debedes buscar, aínda que podedes engadir outros que consideredes importantes.
- No apartado recursos tedes ligazóns que vos facilitarán o traballo.
- Con todos os datos anteriores elaboraredes un traballo final dun xeito creativo, preferentemente con Open Office.
- Cada equipo exporá o traballo en clase coa axuda do encerado dixital.
-
Entre toda a clase avaliaremos os traballos e elixiremos a mellor exposición.
Daremos por concluída esta investigación, expoñendo coa axuda do encerado dixital o documento final ante toda a comunidade educativa ou, se se der o caso, introducirase como "Presentación" no día das Letras Galegas que se celebrará na biblioteca do colexio.

CEIP DE REBORDÁNS