Section outline

  • Benvidos ós nosos retos!! Para iso accede ó taboleiro do teu curso e ponte a xogar!!! Non te despistes que hai retos mais doados que outros. E non esquezas de mandarnos algún deles. Querémoste ver!!!

    Cando remates un, dalle á frecha de navegación para ir atrás e volver ó taboleiro. Así de sinxelo!!!

    • Aquí están os retos para todo o alumnado de infantil. Preparados, listos....xa!!!!

    • Aquí tedes o voso, chicos e chicas de 1º e 2º EP. A polos retos!!!

    • Para os de 3º e 4º temos aquí os vosos retos. Ollo piollo!!! Hai que poñer moita atención...

    • E os de 5º e 6º non ían ser menos... Esto xa é nivel top!!! Ánimo e queremos ver como facedes algúns dos retos!!!

  • Destacado

    Neste apartado poderás ver titoriais de xogos. Algúns deles os temos no cole. Moi atent@ que tamén os podes contruír con materias de reciclaxe algúns e outros adaptando recursos e outras cousiñas que teñas pola casa.

    • Como estamos a traballar nos xogos, ben sabedes que temos moitos no cole. Algúns deles xa os estades usando no recreo e outros no tempo de mate, en ratiños libres en clase... 

      Aquí tedes o titorial sobre o Reversi, tamén chamado Otelo. Igual algún de vós xa o ten na casa. Pero se non é así, tamén o podedes elaborar vós mesmos. Ánimo que se pasa moi ben xogando!!!

    • Neste vídeo poderás ver unha nova modalidade para xogar ó tres en raia . E de creación propia!!!

    • Neste vídeo poderás coñecer as normas deste xogo de mesa. Recoméndoo a partir de 3º/4º en diante. Ti podes!!!

    • Esta semana traémosvos un novo titorial de xogo. Nesta ocasión trátase do Piko Piko el Gusanito. Algúns de vós xa o coñecedes porque o temos no obradoiro de mate e no material dos xogos do recreo. Se aínda non sabes como se xoga, moi atent@.

    • Esta semana traemos un novo xogo. Sabes como vai o Uno? Sabes contar e sumar ata 10? Pois se dominas estas dúas premisas estás preparad@ para comezar.

    • XOGOS ACCESIBLES NA REDE

      Nos enlaces de cada un poderás descargar, compartir e xogar con diferentes propostas. Tamén os poderás atopar no Departamento de Orientación desta aula virtual

    • PALABREA

      Xogo educativo de cartas a doble cara. Nunha delas aparecen categorías e noutra a letra da mesma cor pola cal debe empezar. A primeira persoa en decir a palabra gañará todas as tarxetas da ronda, para convertirse en campeón.

    • GRABOLO JUNIOR

      Xogo de mesa educativo para desenvolver a lóxica e a rapidez, que se compón por dous dados que indican combinación de cor e animal que hai que buscar. 

    • CUCUTRÁS

      Xogo de memoria a partir de 4 anos, onde hai que recordar o que hai en cada carta. Un xogador deberá darlle a volta a unha das cartas sen que os demais o vexan e, tras iso, o resto de xogadores localizar a carta a que lle dou a volta. Gañará o que antes a localice e a toque.

    • DOBBLE

      Xogo de mesa de rapidez mental e visual, na que os xogadores deben detectar o símbolo coincidente entre dúas cartas. A explicación do xogo podedes visualizala neste video.