XOGAMOS
Section outline
-
Destacado
Neste apartado poderás ver titoriais de xogos. Algúns deles os temos no cole. Moi atent@ que tamén os podes contruír con materias de reciclaxe algúns e outros adaptando recursos e outras cousiñas que teñas pola casa.
-
Como estamos a traballar nos xogos, ben sabedes que temos moitos no cole. Algúns deles xa os estades usando no recreo e outros no tempo de mate, en ratiños libres en clase...
Aquí tedes o titorial sobre o Reversi, tamén chamado Otelo. Igual algún de vós xa o ten na casa. Pero se non é así, tamén o podedes elaborar vós mesmos. Ánimo que se pasa moi ben xogando!!!
-
Neste vídeo poderás ver unha nova modalidade para xogar ó tres en raia . E de creación propia!!!
-
Neste vídeo poderás coñecer as normas deste xogo de mesa. Recoméndoo a partir de 3º/4º en diante. Ti podes!!!
-
Esta semana traémosvos un novo titorial de xogo. Nesta ocasión trátase do Piko Piko el Gusanito. Algúns de vós xa o coñecedes porque o temos no obradoiro de mate e no material dos xogos do recreo. Se aínda non sabes como se xoga, moi atent@.
-
Esta semana traemos un novo xogo. Sabes como vai o Uno? Sabes contar e sumar ata 10? Pois se dominas estas dúas premisas estás preparad@ para comezar.
-