September 2026

September 2026

por admin admin -
Número de respostas: 0

3 September

Welcome to a new school year, children and families !

Como xa informei na folla de benvida da reunión tutorial , en Inglés usaremos o libro de texto Rooftops 3 e traballaremos na Aula Virtual do Ceip de Arzúa, 3º curso, Lingua Inglesa.

Na Aula virtual están as unidades que xiran arredor dos contidos e as do libro de texto (Rooftops 3.-Unidade 1, 2, 3…), de maneira que vos sexa máis fácil o manexo da Aula.

En cada unidade hai incluidas actividades diversas relacionadas cos contidos do libro: 

  • resumo de cada tema co vocabulario e estructuras usadas

  • vídeos

  • cancións

  • contos

  • xogos

  • debuxos animados e historias

  • Liveworksheets.-  Son fichas que se realizan on line e, ao rematar, elexindo “Send to the teacher” (enviar á profesora), poñendo o nome e curso d@ nen@ e o meu correo electrónico teachertareixa@gmail.com (Teacher Tareixa), a propia aplicación envíame a min a ficha. (Xa explicarei na clase aos nenos e nenas tamén como facer).

Independientemente do traballo realizado na clase, ou os deberes que vos poda indicar, cada un/ha de vós pode ir traballando neste tema na casa coas actividades dispoñibles na Aula Virtual, así como ver debuxos animados, películas, etc. ao seu gusto.

A semana que vén empezaremos repasando os saúdos, como expresar estados de ánimo, sentimentos, emocións ..  A primeira unidade didáctica da Aula Virtual, non do libro (aínda non empezamos a usalo), é a de Greetings and Self Introductións (está resaltada en azul). Nesta unidade podedes ir traballando:

  • Ver videos onde aparecen diferentes situacións onde se practican saúdos (greetings), se presenta un/ha mesm@ (self introduction) dunha maneira moi sinxela..

  • Cancións e xogos.

  • LIVEWORKSHEETS, Tedes fichas sobre os temas traballados.

E, para rematar, calquera información que precisedes, non dubidedes en chamarme. O meu teléfono é 616712997.

Saúdos

Teresa