5 September
Welcome to a new school year, children and families !
Como xa informarei na reunión tutorial , en Inglés usaremos o libro de texto Rooftops 3 e traballaremos na Aula Virtual do Ceip de Arzúa, 3º curso, Lingua Inglesa.
Na Aula virtual están as unidades que xiran arredor dos contidos e as do libro de texto (Rooftops 3.-Unidade 1, 2, 3…), de maneira que vos sexa máis fácil o manexo da Aula.
En cada unidade hai incluidas actividades diversas relacionadas cos contidos do libro:
resumo de cada tema co vocabulario e estructuras usadas
vídeos
cancións
contos
xogos
debuxos animados e historias
Liveworksheets.- Son fichas que se realizan on line e, ao rematar, elexindo “Send to the teacher” (enviar á profesora), poñendo o nome e curso d@ nen@ e o meu correo electrónico teachertareixa@gmail.com (Teacher Tareixa), a propia aplicación envíame a min a ficha. (Xa explicarei na clase aos nenos e nenas tamén como facer).
Independientemente do traballo realizado na clase, ou os deberes que vos poda indicar, cada un/ha de vós pode ir traballando neste tema na casa coas actividades dispoñibles na Aula Virtual, así como ver debuxos animados, películas, etc. ao seu gusto.
Esta semana empezaremos repasando os saúdos, como expresar estados de ánimo, sentimentos, emocións .. A primeira unidade didáctica da Aula Virtual, non do libro (aínda non empezamos a usalo), é a de Greetings and Self Introductións (está resaltada en azul). Nesta unidade podedes ir traballando:
Ver videos onde aparecen diferentes situacións onde se practican saúdos (greetings), se presenta un/ha mesm@ (self introduction) dunha maneira moi sinxela..
Cancións e xogos.
LIVEWORKSHEETS, Tedes fichas sobre os temas traballados.
E, para rematar, calquera información que precisedes, non dubidedes en chamarme.
Saúdos
Teresa
20 September
Hello everyone, how are you doing?
Empezamos a Starter Unit e para a próxima semana seguiremos coa Unit 1 do libro Rooftops 3 : AT FLAT NUMBER SIX .
Aquí repasaremos e estudaremos:
Numbers 1-100 (números do 1 ao 100)
Alphabet (alfabeto)
Places in town (sitios dunha cidade)
Forniture (mobles)
Grammar (Estructuras gramaticais usando os verbos TO BE (ser/estar) e TO HAVE (ter).
Every day language (Expresións de uso cotidiano na aula en inglés).
Lembrar que usaremos o libro de texto e tamén a Aula Virtual, Lingua Inglesa 3º, Rooftops 3, Unit 1. Aí dispoñemos de xogos, videos, debuxos animados, liveworksheets, etc para traballar os contidos en contextos lúdicos e reais. Tamén dispoñemos de esquemas da unidade na libreta.
Have a nice weekend!