Aula a disposición do claustro
A diversidade é unha realidade social, e, polo tanto do CEIP Daría González García; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna/o e das súas familias. O Departamento de Orientación contribúe a dar resposta a esa diversidade que se concreta nos seus Plans, na coordinación cos mestres e especialistas, no apoio á acción titorial, na personalización da educación de cada unha das nosas alumnas e alumnos, na adaptación de recursos, na proposta e deseño de medidas de atención á diversidade, nos compromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma.
O Departamento de Orientación e os seus membros actuamos coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado do CEIP Daría González García.