CREAR UN NOVO CURSO.

CREAR UN NOVO CURSO.

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Ola ! Bo día! Quería preguntar onde teño que crear o novo curso, dentro do meu curso de 3º de primaria ou dentro do mesmo curso que estamos facendo? Un saúdo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: CREAR UN NOVO CURSO.

por Usuario eliminado -

Ola.

A estrutura de Moodle para organizar os contidos é en categorías, subcategorías e cursos. Os cursos son a unidade máis pequena dentro da organización. Para o curso que estamos a facer o administraodr creou unha categoría que se chama (en maiúsculas) FORMACIÓ EN FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS PARA DOCENTES. Entrades nesta categoría atopádesvos cus unha subcategoría (pensada para ter cursos dentro) que se chama Cursos de proba. Esta é a categoría creada por min para que alberguedes dentro os vosos cursos. E tamén dentro da categoría anterior hai un curso que é o que utilizamos para a docencia: Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes. 

Posto nunha estrutura arborescente sería algo así:

A.-   FORMACIÓ EN FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS PARA DOCENTES (categoría nai)

        A. 1  Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes (curso dentro da categoría nai)

     A.a   Cursos de proba (subcategoría)

         A.a-1 curso 1 (curso dentro da subcategoría)

         A.a-2 curso 2 (curso dentro da subcategoría)

         A.a-3 curso 3 (curso dentro da subcategoría)



En resposta a Usuario eliminado

Re: CREAR UN NOVO CURSO.

por Usuario eliminado -

Como resposta a túa pregunta e para todos os demais. Os vosos cursos podedes crealos dentro da subcategoría "Cursos de proba" ou no espazo correspondente que teñades na aula virtual se tedes pensado traballar en cursos para usar xa co alumnado