Ola, o meu nome é Antonio Lomba. Vou a ser o relator neste curso básico de Moodle que leva por título: actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes. Por certo, estou encantado de estar aquí.
O curso está programado para 10 horas, distribuídas en 3 semanas e consta de 8 actividades puntuables.
O comezo do curso é hoxe día 9 de outubro e o remate do curso será o día 30 de outubro
Cando accedades ao curso non ides a ter visibles todos os contidos e actividades, irémolos presentando a medida que avance o curso, a idea é temporizar unha actividade cada dous ou tres días.
Podedes comunicarvos comigo para preguntar dúbidas ou pedir aclaracións. O sistema máis correcto para este tipo de comunicación en Moodle é o foro de dúbidas, que poderedes atopar ao comezo do curso. Neste foro calquera poderá engadir entradas (dúbidas) e intervir en discusións.
Tamén podedes contactar conmigo por email escribíndome a alomba@edu.xunta.es
Empezamooossss!!
Por certo como exercicio introductorio podemos presentarnos todos no foro de presentación.