Rematou o curso

Rematou o curso

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Boas noites compañeiras e compañeiro. Xa rematou o curso. Espero que non vos resultara demasiado complicado e que o practicado vos sirva para utilizar a aula Moodle con regularidade. Moodle é unha magnífica ferrramenta de apoio a docencia presencial e moi útil para a docencia en liña cando, como nestes tempos que corren, temos que recorrer a ela.

Para min foi un pracer impartir o curso, espero que vós tamén desfrutárades, aínda que fora un pouco, da docencia.

Quedo a vosa disposición para posibles dúbidas que teñades no futuro en canto a o uso da aula virtual. O curso, por petición vosa, quedará na vosa aula para que poidades recorrer aos seus vídeos cando teñades dúbidas.

O que si borrarei, dentro duns días, son os cursos que tedes na categoría "cursos de proba". Se vos interesa utilizar o traballo feito alí, podedes facer unha copia de seguridade e restaurala noutro sitio ou dicirlle ao administrador da aula que vos cambie o curso a outra categoría para que nono borre.

Ata sempre, recibide unha aperta