Manuais
Section outline
-
-
Que son as competencias dixitais?
As competencias dixitais forman parte das competencias fundamentais necesarias no século XXI e son un conxunto de
coñecementos, capacidades, destrezas, habilidades e actitudes que se requiren para o uso estratéxico da información,
para poder traballar, relacionarse con outras persoas, coa administración, para mercar en Internet, para entreternos,
etc., todo coas ferramentas das tecnoloxías dixitais.As administracións, en concreto a Comisión Europea, preocúpanse porque os seus cidadáns teñan competencias dixitais básicas nun
mundo cada vez máis globalizado e dixital, e por iso traballaron nun marco común de referencia.
Este marco de referencia chámase DigComp 2.1, e nel define 21 competencias dixitais que todos os cidadáns deberían ter hoxe (en maior
ou menor medida, básicas ou avanzadas) para vivir na sociedade dixital. Estas competencias dixitais divídense en 5 bloques ou áreas:
Alfabetización dixital, Comunicación e colaboración, Creación de contidos dixitais, Seguridade e Resolución de problemas.
As 5 áreas de competencia dixital:Área de alfabetización dixital
Área de comunicación e colaboración
Área de creación de contidos dixitais
Área de seguridade dixital
Área de solución de problemas