Section outline

    • Que son as competencias dixitais?

      As competencias dixitais forman parte das competencias fundamentais necesarias no século XXI e son un conxunto de
      coñecementos, capacidades, destrezas, habilidades e actitudes que se requiren para o uso estratéxico da información,
      para poder traballar, relacionarse con outras persoas, coa administración, para mercar en Internet, para entreternos,
      etc., todo coas ferramentas das tecnoloxías dixitais.

      As administracións, en concreto a Comisión Europea, preocúpanse porque os seus cidadáns teñan competencias dixitais básicas nun
      mundo cada vez máis globalizado e dixital, e por iso traballaron nun marco común de referencia.
      Este marco de referencia chámase DigComp 2.1, e nel define 21 competencias dixitais que todos os cidadáns deberían ter hoxe (en maior
      ou menor medida, básicas ou avanzadas) para vivir na sociedade dixital. Estas competencias dixitais divídense en 5 bloques ou áreas:
      Alfabetización dixital, Comunicación e colaboración, Creación de contidos dixitais, Seguridade e Resolución de problemas.
      As 5 áreas de competencia dixital:

      
      
      Área de alfabetización dixital
      Área de comunicación e colaboración
      Área de creación de contidos dixitais
      Área de seguridade dixital
      Área de solución de problemas