Saltar navegación

AS PLANTAS: Ciclo de vida

CICLO DA VIDA DAS PLANTAS

  1. POLINIZACIÓN: As abellas, o vento, a chuvia,... trasladan o pole a outras flores iniciando novamente o ciclo coa fecundación
  2. FECUNDACIÓN: O pole entra polo pistilo fecundando o óvulo. O óvulo fecundado empeza a incharse.
  3. FROITO: Caen primeiramente os pétalos, segue medrando o óvulo da flor e fórmase o froito.
  4. XERMINACIÓN: O froito libera as sementes que caen ao chan e xerminan formándose a nova planta.
  5. FLORACIÓN: Na primavera á nova planta sáenlle as flores, que teñen pole para fecundar outras flores.