Planetas
Os planetas son corpos que xiran formando órbitas arredor da estrela (Sol), teñen suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas de atracción da estrela central.
Os oito planetas do Sistema Solar son:
- Mercurio
- Venus
- Terra
- Marte
- Xúpiter
- Saturno
- Urano
- Neptuno
Os planetas interiores son Mercurio, Venus, Terra e Marte, que teñen a súa superficie sólida. Os planetas exteriores son Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, tamén denominados planetas gasosos porque conteñen nas súas atmosferas gases como o helio, o hidróxeno e o metano.
