Opcións de matriculación

Os Polos Creativos son espazos educativos innovadores cun deseño modular e innovador, dotados de equipamento especializado, que ocupan espazos físicos definidos nos centros educativos, están organizados didácticamente para fomentar:

  • a creatividade a través da superación de retos,
  • a consecución de proxectos, a resolución de problemas,
  • a realización de prototipos,
  • a construción de resultados tanxibles etc.

Enfócanse á aprendizaxe conxunta, colaborativo e comunitario. Tamén poden albergar prácticas de investigación e experimentación. A súa visión é ampla, integrando o coñecemento en retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc).

Funcionan como centro de actividades no que se traballa a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.