CONCURSO DE RELATOS CURTOS.
Por cuarto ano consecutivo, desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, convócase un concurso de relatos curtos para que o alumnado participe. Destacar que esta actividade é totalmente voluntaria, pero animamos a todos os nenos e nenas a participar.
AS BASES DO CONCURSO SON AS SEGUINTES:
1. Participantes: alumnado de Educación Primaria.
2. Categorías: Dúas categorías:
- 1ª categoría: 3ºA, 3ºB, 4ºA,4ºB
- 2ª categoría: 5ºA, 5ºB, 6ºA, 6ºB
3. Forma de presentaqción: Formato papel escrito á man ou ordenador. Máximo dous folios A4 (por unha cara numerados) en vertical. Pode ir acompañado dun debuxo. O nome do autor ou autora irá por detrás do folio.
4. Idioma: Galego.
5. Tema: Libre.
6. Elementos de valoración:
a) Orixinalidade na historia/ orixinalidade dos personaxes.
b) Emprego de descripcións para as personaxes.
c)Emprego de recursos literarios.
d)Que a historia teña unha introdución, un nó e un desenlace.
e) Limpeza no traballo.
7. Lugar de presentación: Entregar aos titores ou titoras para que os fagan chegar ao EDLG.
8. Prazo de admisión Venres 4 de abril (non se recollerán traballos a partir desa data).
9. Premios: Un premio por nivel (2 entradas de cine)