1. Vocabulario

Linguaxe oral

Gheada
substantivo feminino

Fenómeno fonético que se presenta en gran parte do territorio lingüístico galego e que consiste na pronuncia do fonema g (oclusivo ou fricativo velar sonoro) como h (normalmente aspirado xordo).


Seseo
Substantivo masculino

Fenómeno fonético que consiste na presenza do fonema s nos contextos que no sistema non seseante se corresponden co fonema θ.


Castelanismo
Substantivo masculino

Vocábulo ou modo de falar propio do castelán empregado noutra lingua.


Castrapo
Substantivo masculino

Variante do idioma castelán falado en Galicia, caracterizada pola abundancia de palabras e expresións tomadas do idioma galego.