Cómo se envían os traballos ?
Section outline
-
Seguro que isto é o que máis vos preocupa, a que si? E con razón! Como facemos para que a tarefa que temos na nosa libreta ou nun folio lle chegue ao noso mestre/a?
(Tamén se poden enviar outras tarefas coma documentos de texto, vídeos, podcast ..., pero de momento ímonos centrar na que máis nos interesa polo de agora)
O sistema é doado:
- Facer unha foto co móbil/tablet/ cámara do noso traballo que estea ben encuadrada e se vexa ben
- Transformala a PDF ou JPEG redimensionada para que non "pese" moito xa que a plataforma ten unha capacidade determinada e non admite arquivos grandes
- Adxuntala e enviala como "tarefa" dentro da AV
A continuación ímosvos deixar información cómo facelo, aínda que xa sabedes que podedes preguntar na clase sempre que queirades ou consultar titoriais e vídeos.Videotitoriais de "andar por casa" partindo dende cero (instalación da app, escaneo e envío da tarefa)