Section outline

  • CEIP Plurilingüe de Carnota

    • Novidades 

      Mantente informado/a e participa das novidades que van xurdindo
    • Buzón, Rojo, Letter Box, Post BoxBuzón de suxerencias Lego, Hombre, Cartero, Electrónico

      Escríbenos a túa proposta e estaremos encantados/a de estudiala. Todas as ideas son ben recibidas!
  • Benvidos e benvidas a unha nova andaina!
    Para todos nós isto da Aula Virtual  é unha experiencia nova e seguro que se lle poñemos ganas e lle adicamos un pouco de tempo (sobre todo ao principio) , resultará un recurso de aprendizaxe  moi interesante.
    Para comezar iremos poñendo cousas básicas para irnos afacendo ao formato dos cursos: apariencia, cómo escanear e converter as fotos dos traballos que se fan en papel, cómo enviar as tarefas...
    Ao principio pode resultar un pouco difícil ou lioso pero.... non teñades medo! É coma todo! Así que o fagades un par de veces, despois xa sae de marabilla e rapidísimo.
    Non vos preocupedes por "fedellar" ou por facer algunha cousa mal, estade tranquilos e tranquilas que non ides estropear nada. Facede uso do "foro de dúbidas" de cada módulo e expoñede aí as vosas preguntas para que ,entre todos e todas vos axudemos a resolvelas.
    Se queredes facer algunha suxerencia ou comentario de carácter xeral podédelo facer no apartado que aparece arriba de todo , que pon "buzón de suxerencias" ou facela chegar ao colexio por vía telefónica ou correo electrónico. Estaremos encantados/as de recibilas.
    Comezamos!     
    •  ♦ Que atopamos nunha AV?

      Unha Aula virtual está organizada en cursos. No caso do noso colexio hai unha categoría para Educación Infantil e outra para Educación Primaria. Dentro de cada unha están creados os diferentes niveis/clases e á súa vez, dentro destas as distintas materias/asignaturas. Tan só tedes que buscar o voso nivel e a materia coa que queirades traballar.

      Antes de nada temos que familiarizarnos co espazo no que imos traballar. A estructura que imos utilizar en cada curso e nas diferentes materias vai ser parecida (aínda que dependerá de cómo queira organizala cada mestre/a):

      •  Pode haber unha parte de consulta, que consistirá no visionado de vídeos, lecturas sobre o tema, enlaces a diferentes páxinas, etc.
      • Logo faranse tarefas e exercicios que haberá que entregar (serán de carácter obrigatorio).
      • Practicarase  a través de xogos e actividades interactivas.
      • Tamén haberá un foro onde expoñer as  dúbidas e consultas, as que poderemos contestar tanto o profesorado coma o alumnado para poder axudarlles aos demais compañeiros/as. Entre todos/as é máis doado!



    •  ♦ Pode entrar todo o mundo na AV?

      Existen varias formas de acceder e participar na AV.
      O alumnado accederá ao curso no que estea matriculado cun contrasinal persoal que lle será facilitado pola súa titora. Poderá ver as actividades e entregar as tarefas relacionadas co seu curso .
      O alumnado non ten acceso as actividades que entregan o resto dos compañeiros/as (A AV é un espazo de traballo individual. Igualmente un alumno/a de 3º, por exemplo,  non poderá acceder á AV de 5º a non ser que se lle dean permisos especiais).
      No caso de que se habilite a opción de acceder como "convidado", poderase ver de xeito libre o contido da AV pero non se poderán entregar tarefas nin participar nos foros (esta opción é útil para que as familias estean ao tanto das actividades que teñen que facer os seus fillos/as).
             
           

                

    •  ♦ Lei de Protección de datos

      A Aula Virtual do centro está amparada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
      Se queredes consultar o Protocolo de Protección de datos: Protocolo que recopila y aclara las cuestiones normativas más relevantes al respeto de la Protección de Datos de carácter personal podédelo facer desde aquí

      Gancho, Vale, Comprobar, Símbolo, SíDeberedes asinar a autorización que aquí se vos facilita
                      para que o alumnado poida participar na AV
    • Signo De Interrogación, ConfirmaciónForo de dúbidas deste módulo

      Hai algo que queiras preguntar ou que non quedara claro? Escribe a túa pregunta no foro de dúbidas.
  • Seguro que isto é o que máis vos preocupa, a que si? E con razón! Como facemos para que a tarefa que temos na nosa libreta ou nun folio lle chegue ao noso mestre/a?

    (Tamén se poden enviar outras tarefas coma documentos de texto, vídeos, podcast  ..., pero de  momento ímonos centrar na que máis nos interesa polo de agora)

    O sistema é doado:

    1. Facer unha foto co móbil/tablet/ cámara do noso traballo que estea  ben encuadrada e se vexa ben
    2. Transformala a PDF ou JPEG redimensionada para que non "pese" moito xa que a plataforma ten unha capacidade determinada e non admite arquivos grandes
    3. Adxuntala e enviala como "tarefa" dentro da  AV

    A continuación ímosvos deixar información cómo facelo, aínda que xa sabedes que podedes preguntar na clase sempre que queirades ou consultar titoriais e vídeos.
     

    Videotitoriais de "andar por casa" partindo dende cero (instalación da app, escaneo e envío da tarefa)

    •  ♦ Consellos para facer as fotos das tarefas

       

    •  ♦ Podo facer as fotos e transformalas xa directamente?

      A resposta é SI, pero para facelo temos que utilizar aplicacións ou programas de "escaneo". Seguro que vós xa coñecedes moitas, pero ímosvos deixar aquí algunhas de exemplo e un pequeno videotitorial para que vexades cómo funcionan.

      Co que si tedes que ter coidado é ónde gardades a foto e que nome lle ides dar. Canto mellor as teñades organizadas e nomeadas, máis doado será atopalas despois. É igual que nun armario:  se temos a roupa gardada cada unha no seu sitio (estanterías, perchas, caixóns...) cando queremos coller unha peza determinada xa imos a tiro fixo e non fai falla remexer todo o armario para atopala.

      Entre as  aplicacións para dispositivos móbiles que podedes usar para escanear están:

      • Office Lens
      • CamScanner
      • Genius Scan - PDF

      Videotitorial Office Lens


      Videotitorial CamScanner


      Videotitorial Genius Scan
    •  ♦ Cómo transformar unha foto a un arquivo .pdf

      Mirade neste póster cómo poderiamos facelo de xeito on-line (picando no nome da utilidade xa vos leva á páxina)
    •  ♦ Como fago para que as fotos que teño no ordenador "pesen" menos?

      Normalmente hoxe en día as imaxes que facemos coas nosas cámaras ou cos móbiles teñen moita resolución e isto fai que "pesen" moito, ocupando moito espazo de memoria e facendo que o sistema se ralentice cando as cargamos.
      Cando traballamos na AV ímolo facer cun ordenador, unha tablet....  tanto polo non necesitamos que a imaxe teña tanta definición  como se a quixeramos proxectar cun canón nunha parede. Podemos entón reducila (as dimensións da foto son as mesma, o único que cambia é a resolución) para que sexa máis doada de cargar, enviar e teñamos máis espazo de memoria dipoñíbel.
      Un programa que usamos co ordenador para facer isto é ImageResizer (picade para instalar). Deixámosvos aquí tamén un pequeno videotitorial de cómo funciona.


    •  ♦ Último paso. Enviar a miña tarefa á AV

      Unha vez transformadas as fotos das vosas tarefas só queda subilas á AV. Neste vídeo podedes ver cómo se fai (aínda que se trata dun instituto, o xeito de mandar as tarefas  é igual porque a plataforma de traballo é a mesma. Todos os cursos que se fan en "Moodle" funcionan da mesma forma)

    • Signo De Interrogación, ConfirmaciónForo de dúbidas deste módulo

      Hai algo que queiras preguntar ou que non quedara claro? Escribe a túa pregunta no foro de dúbidas.
  • Neste módulo iremos poñendo algunhas utilizacións de recursos TICs que nos parecen interesantes e que nos poden facilitar a nosa labor diaria.

    Se coñecedes algunha utilidade, páxina, recurso .... que nos poida resultar interesante non dubidedes en poñervos en contacto co colexio para engadila á nosa "mochila de recursos dixitais"

                                                            

    •  ♦ Cómo unirse a unha videoconferencia "webex"


    •  ♦ Cómo mandar un correo electrónico dende o móbil/tablet cunha conta de "gmail"



    •  ♦ Utilidades de Google Drive: Crear, almacenar e compartir documentos


    •  ♦ Recursos TIC para Educación Infantil

      Clicando na imaxe podedes acceder a un banco de recursos para Educación Infantil no que se recollen ligazóns a páxinas interesantes para este nivel educativo



    •  ♦ Recursos TIC para Educación Primaria

      Aquí tes unha lista de recursos que cremos que che pode servir de axuda.
      Axudasnos a actualizala? Envíanos as túas suxerencias para ila completando pouco a pouco.
      Premendo nas frechiñas da esquina poderás ver o taboleiro a pantalla completa.

    • Signo De Interrogación, ConfirmaciónForo de dúbidas deste módulo

      Hai algo que queiras preguntar ou que non quedara claro? Escribe a túa pregunta no foro de dúbidas.