Section outline

  • Benvidos e benvidas a unha nova andaina!
    Para todos nós isto da Aula Virtual  é unha experiencia nova e seguro que se lle poñemos ganas e lle adicamos un pouco de tempo (sobre todo ao principio) , resultará un recurso de aprendizaxe  moi interesante.
    Para comezar iremos poñendo cousas básicas para irnos afacendo ao formato dos cursos: apariencia, cómo escanear e converter as fotos dos traballos que se fan en papel, cómo enviar as tarefas...
    Ao principio pode resultar un pouco difícil ou lioso pero.... non teñades medo! É coma todo! Así que o fagades un par de veces, despois xa sae de marabilla e rapidísimo.
    Non vos preocupedes por "fedellar" ou por facer algunha cousa mal, estade tranquilos e tranquilas que non ides estropear nada. Facede uso do "foro de dúbidas" de cada módulo e expoñede aí as vosas preguntas para que ,entre todos e todas vos axudemos a resolvelas.
    Se queredes facer algunha suxerencia ou comentario de carácter xeral podédelo facer no apartado que aparece arriba de todo , que pon "buzón de suxerencias" ou facela chegar ao colexio por vía telefónica ou correo electrónico. Estaremos encantados/as de recibilas.
    Comezamos!     
    •  ♦ Que atopamos nunha AV?

      Unha Aula virtual está organizada en cursos. No caso do noso colexio hai unha categoría para Educación Infantil e outra para Educación Primaria. Dentro de cada unha están creados os diferentes niveis/clases e á súa vez, dentro destas as distintas materias/asignaturas. Tan só tedes que buscar o voso nivel e a materia coa que queirades traballar.

      Antes de nada temos que familiarizarnos co espazo no que imos traballar. A estructura que imos utilizar en cada curso e nas diferentes materias vai ser parecida (aínda que dependerá de cómo queira organizala cada mestre/a):

      •  Pode haber unha parte de consulta, que consistirá no visionado de vídeos, lecturas sobre o tema, enlaces a diferentes páxinas, etc.
      • Logo faranse tarefas e exercicios que haberá que entregar (serán de carácter obrigatorio).
      • Practicarase  a través de xogos e actividades interactivas.
      • Tamén haberá un foro onde expoñer as  dúbidas e consultas, as que poderemos contestar tanto o profesorado coma o alumnado para poder axudarlles aos demais compañeiros/as. Entre todos/as é máis doado!



    •  ♦ Pode entrar todo o mundo na AV?

      Existen varias formas de acceder e participar na AV.
      O alumnado accederá ao curso no que estea matriculado cun contrasinal persoal que lle será facilitado pola súa titora. Poderá ver as actividades e entregar as tarefas relacionadas co seu curso .
      O alumnado non ten acceso as actividades que entregan o resto dos compañeiros/as (A AV é un espazo de traballo individual. Igualmente un alumno/a de 3º, por exemplo,  non poderá acceder á AV de 5º a non ser que se lle dean permisos especiais).
      No caso de que se habilite a opción de acceder como "convidado", poderase ver de xeito libre o contido da AV pero non se poderán entregar tarefas nin participar nos foros (esta opción é útil para que as familias estean ao tanto das actividades que teñen que facer os seus fillos/as).
             
           

                

    •  ♦ Lei de Protección de datos

      A Aula Virtual do centro está amparada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
      Se queredes consultar o Protocolo de Protección de datos: Protocolo que recopila y aclara las cuestiones normativas más relevantes al respeto de la Protección de Datos de carácter personal podédelo facer desde aquí

      Gancho, Vale, Comprobar, Símbolo, SíDeberedes asinar a autorización que aquí se vos facilita
                      para que o alumnado poida participar na AV
    • Signo De Interrogación, ConfirmaciónForo de dúbidas deste módulo

      Hai algo que queiras preguntar ou que non quedara claro? Escribe a túa pregunta no foro de dúbidas.