PONTEVEDRA
- 50º Aniversario do CEP Campolongo. O CEP Campolongo abandona as Escolas Asociadas Unesco
- Poñen canastras de fútbol e baloncesto nas pistas de Campolongo despois da reforma.
- *Teresa Abelleira*, é a 1ª galega que xoga unha final dun Mundial de fútbol feminino.
- Celébrase en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlón 2023
- O Celta de Vigo celebra o seu 100º Aniversario
- Os piragüistas galegos Claudia Couto e Jaime Duro proclámanse campións do mundo Sub-23
- Teresa Portela consegue en piragüismo clasificarse en Alemania para os próximos Xogos Olímpicos en París 2024. A súa última medalla en Duisburg foi de bronce en K4 500 m

GALICIA
- Á fín o galego, comeza a utilizarse no *Congreso dos diputados* do estado español.
- *Francisco Fernández Del Riego* foi o homenaxeado nas Letras Galegas.
- Sen ser Ano Xacobeo, os peregrinos a Santiago de Compostela seguen aumentando cada ano. Póñense de moda os roteiros a pé.
- Adrián Ben terminou en cuarta posición na proba de 800 metros nos Mundiais de atletismo ao aire libre en Budapest. A oito centésimas da medalla de bronce.
- Nas eleccións gaña o PP pero a maioría par ser alcalde será para o Bloque sumando co PSOE
- A galega Paula Carballeira Premio Nacional de Literatura Dramática pola peza `As Alumnas´.
- Ledicia Costas recibiu a Medalla Castelao.
- A poeta galega Yolanda Castaño  Premio Nacional de Poesía polo libro de poemas `Materia´.
- A cineasta Jaione Camborda, Cuncha de Ouro no Festival de Donostia polo filme `O Corno´
- A catedrática e directora de cine Margarita Ledo Andión, Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu traballo a prol da promoción e uso do galego na universidade.



NACIONAL

- Á fin, o galego poderá usarse no Congreso.
- España gaña por primeira vez o Mundial de Fútbol Feminino, mais os xestos inapropiados durante o campionato do Presidente da Federación Española de fútbol (Rubiales) provocan  a súa fulminante destitución do cargo.
- A selección nacional de piragüismo pecha o mellor campionato da súa historia (13 medallas) e ten garantida unha gran representación nos Xogos Olímpicos de París 2024.
- No Mundial de Atletismo acadáronse catro  ouros en marcha, con María Pérez e  Álvaro Martín,  e unha prata nos 5000 m (Katir). No mundial de Ximnasia Rítmica acadouse unha medalla de bronce.
- 50ª Aniversario da morte de *Pablo* Picasso.
- 50º Aniversario do noticiario "*Informe Semanal*"
- 25º Aniversario do *programa* da segunda "Saber y Ganar"
- 2023 Ano do pintor Joaquín  *Sorolla*. Cúmprense *100* anos do seu nacemento.
- Morre Antonio Gala
- O aceite de oliva extra encareceu un 227 % por culpa da inflación e a falta de chuva.

INTERNACIONAL

- Miles de persoas marcharon na capital de Estados Unidos en contra do racismo cando se cumpreriron 60 anos da histórica Marcha en Washington, na que o reverendo Martin Luther King Jr. pronunciou o seu aclamado discurso "I have a dream" (Teño un soño).
- Entre moitos famosos, morren  Tina Turner, a Raíña Isabel II de Inglaterra
- A guerra de Ucraína continua dende o ano pasado. Morre o principal mercenario aliado do presidente Putin.
- Gaña as eleccións en Brasil Lula Dasilva.
- O presidente de EEUU, Donald Trump, é fichado pola policía. Coa foto desa ficha fai propaganda para vender camisetas pois pensa volver a presentarse ás próximas eleccións estatais.
- Entramos na nos tempos en que consumimos máis do que a terra pode producir.

Última modificación: mércores, 11 de outubro de 2023, 9:07 PM