GALICIA

- En Pontevedra incorpórase ao Carnval o O Enterro do  Loro Ravachol.
- O centro histórico de Santiago  é declarado pola UNESCO  Patrimonio da Humanidade
- Eleccións no Parlamento de Galicia (2ª lexislatura)
- Inaugúrase  a Ponte da Illa de Arousa
- Inícia as súas emisións a TVGA (Televisión Galega)
- Soutomaior recupera o seu nome, antes "Sotomayor"
- Dáselle a Medalla de Ouro ao Rei Juan Carlos I.

Catástrofes
- Descóbrese o buraco da capa de ozono sobre a Antártida.
- A final da copa de Europa entre os equipos do Liverpool e a Juventus no estadio de Heysel de Bruxelas, convértese en traxedia por unha avalancha de xente que esmago aos espectadores da zona baixa, causando 41 mortos e 48 feridos.
- A explosión de dous petroleiros provoca na baía de Alxeciras unha gran catástrofe, con máis de 30 mortos e numerosos desaparecidos.
- Erupción do volcan Nevado do Ruiz (Colombia), causando 25.000 mortos,
Política e historia
- Desmond Tutu é o primeiro bispo negro anglicano nomeado en Johannesburgo
- España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea.
- En España prodúcese por primeira vez o ingreso de mulleres na Policía Nacional.

Sociedade
- A Praza Maior de Madrid é declarada monumento histórico-artístico.
- Lánzase o Videoxogo Super Mario Bros, de Nintendo.
- A raíña Isabel II de Inglaterra efectúa a primeira visita oficial a España.
- O soviético Gari Kaspárov de 22 anos, eríxese campión mundial de xadrez ao derrotar a Anatoly Karpov en Moscova.
- Os nenos aprenden mentres ven a tele grazas á serie infantil educativa "Barrio Sesamo"
- A música pop coroa á súa raíña, Madonna,
- Créase a fundación Gala-Salvador Dalí. O pintor doa 621 obras ao Teatro-Museo Dalí, en Figueras.
- Fúndase a compañía do Circo do Sol en Québec
- No Atlántico Norte descóbrense os restos do Titanic.
- Italia, no macroproceso contra a mafia, o xuíz Falcone acusa a 709 mafiosos.

Última modificación: sábado, 23 de setembro de 2023, 11:36 AM