PONTEVEDRA

- Cámbianse os tranvías eléctricos de Pontevedra-Marín e Pontevedra-Alba  por outros de gasolina

GALICIA

- A carreira popular San Silvestre de Pontevedra naceu en 1977, con motivo das “vodas de ouro” da entidade. Nesa edición participaron 652 atletas. Despois de varios anos de parón entre 1980 e 1990 recuperouse.
- Nace o 2 de decembro o  xornal semanal "A Nosa Terra"
- A loita nas Encrobas.  O 15 de febreiro de 1977 produciuse un episodio moi  duro da revolta popular que enfrontou a  parroquia de Cerceda cos responsables de Unión Fenosa polas expropiacións de terreo para explotar a mina de Lignitos de Meirama.  O berro de loita foi  “A terra é nosa, e non de Fenosa”.
- Ana Kiro saca o disco "Galicia Terra Meiga"
- O homenaxeado no Día das Letras galegas  foi Antón Villar Ponte

ESPAÑA

O 9 de abril o Partido Comunista de España (PCE) é legalizado, no que se considera un importante, e tenso, paso do proceso de transición española á Democracia.

O 15 de xuño en España, trala morte do ditador Francisco Franco, teñen lugar as primeiras eleccións democráticas.

O 23 de abril  en España legalízanse os sindicatos, prohibidos pola ditadura de Franco.

O 22 de xullo celébrase no Congreso a cerimonia da solemne inauguración das Cortes Constituíntes españolasena que o rei Juan Carlos I recoñece a soberanía do pobo español.

O 25 de xullo institúese o día da Patria Galega.

INTERNACIONAL
O 30 de abril fronte á Casa Rosada (Bos Aires, Arxentina) as Nais da Praza de Maio inician a súa primeira marcha.

O 10 de decembro  a ditadura de Videla secuestra en Bos Aires (Arxentina) a Azucena Villaflor (53), unha das fundadoras das Nais da Praza de Maio. Esa tarde, Villaflor publicara nos xornais a lista de varios mozos desaparecidos. O 20 de decembro, tras dez días de tortura, será deixada caer viva desde un avión ao Río da Prata (Vos da Morte).

O 25 de maio estrénase a película Star wars.

O 26 de xuño nos Estados Unidos, o cantante Elvis Presley dá o seu último concerto.

MÚSICA

Libertad sin ira. Jarcha

Gavilán o paloma. Pablo Abraira

Linda. Miguel Bosé

Credo. Elsa Baeza

Give a Little bit. Supertramp

If you leave me now. Chicago

 

Última modificación: sábado, 25 de novembro de 2023, 7:21 PM