2013 - Efemérides
GALICIA
- Día das Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño.
- En xullo produciuse o accidente de tren en Angrois onde morreron 80 persoas.
- Un verán máis, Galicia sufriu o golpe dos incendios. Quiroga, Ourense, Larouco, Oia e, sobre todo, o monte Pindo son só algúns dos exemplos.
- Crimen de Asunta Basterra. Era filla adoptiva dun xornalista e unha avogada. A pequena , de 12 anos, fora sedada e posteriormente asfixiada por sufocación cun obxecto brando. Os pais foron declarados culpables. A nai aparecería aforcada en prisión anos máis tarde.
- Diego Martínez Santos gañou un premio que lle distingue como mellor físico novo de Europa. Pero ese recoñecemento non lle serviu ao focense para obter un contrato do programa Ramón e Cajal que lle permitise volver a España.
- Novagalicia Banco, finalmente vendida ao venezolano Banesco.
- O Deportivo sufríu unha serie de sobresaltos: Primeiro pediu o concurso de acredores; despois descendeu a Segunda División; e máis tarde celebrou unha xunta ordinaria na que a maioría do accionariado rexeitou as contas, o orzamento e a xestión do presidente Augusto César Lendoiro,
- Nunha noite marcada por un dos temporais que azoutaron Galicia , coa ciclogénesis explosiva Dirk, ardía un dos reclamos turísticos dos últimos anos: o santuario da Barca de Muxía, vítima dun raio.
NACIONAIS
- O 16 de maio de 2013 Wikipedia en español alcanza o millón de artículos.
- O caso Prestige queda sen culpables.
- Cristina de Borbón imputada no caso Nós.
- O vídeo no que Ana Botella ofrecía ao COI tomarse un «relaxing cup of café con leche» na Praza Maior da capital de España converteuse nun dos contidos multimedia máis consumidos do ano, con máis de 463.000 páxinas vistas únicas
- O Parlamento de Cataluña aproba a "Declaración de soberanía e dereito a decidir do pobo catalán". Foi impugnada polo goberno central e finalmente rechazada.
- Declaración do Parque Nacional da serra de Guadarrama.
- O ex tesoureiro do Partido Popular Luís Bárcenas ingresa en prisión.
- España sae do programa de rescate bancario da Unión Europea, tras utilizar 41.300 millóns de euros.
INTERNACIONAIS
- O 14 de marzo de 2013 Xi Jinping é nomeado presidente de la República Popular China.
- O 20 de xaneiro de 2013 nos Estados Unidos, Barack Obama asume por segunda vez o cargo de presidente dos Estados Unidos.
- Morrren Nelson Mandela, Premio Nóbel da Paz, e Hugo Chaves, presidente da República Bolivariana de Venezuela, Margaret Thatcher, primeira ministra do Reino Unido.
- O 25 de maio de 2013 Eclipse lunar.
- O Papa Bieito XVI renuncia ao seu pontificado. O elección do novo Papa Francisco I foi noticia case permanente desde que foi designado novo ocupante do trono de San Pedro polo proceso aperturista que desencadeou na Igrexa católica
- O Comité Olímpico Internacional elixe Tokio como sede dos Xogos Olímpicos en 2020.
- O tifón Haiyán provoca máis de 10.000 vítimas mortais en Filipinas