GALICIA

Letras Galegas: María Victoria Moreno
- Abel Caballero, nunha promoción viral, anunciou que ata nove millóns de luces iluminarían a cidade. «Veranse desde o espazo», presumiu, mentres prendía a mecha dun acontecemento que estaba por explotar. Minimizou a Tokio, Berlín ou Nova York para magnificar Vigo: «Somos os mellores do mundo».
- Longas colas para visitar o restaurado Pórtico da Gloria

NACIONAIS
 
- En España ten lugar a primeira folga xeral feminista con motivo do Día Internacional da Muller, altamente secundada (5,3 millóns de traballadoras) e dando resultado a multitudinarias manifestacións ao longo de toda España.
 - A banda terrorista ETA pon fin ao seu ciclo histórico e disólvese.
-Morre Forges, humorista gráfico español.

INTERNACIONAIS

- En Venezuela, Nicolás Maduro, é reelixido presidente.
- Na Unión Europea, impleméntase o Regulamento Xeral de Protección de Datos.
- Lionel Messi convértese no primeiro futbolista en superar os 100 millóns de euros de ganancia ao ano.


Última modificación: domingo, 21 de maio de 2023, 11:11 AM