GALICIA
- Letras Galegas: Díaz Castro
- O grupo Berrogüetto anuncia unha xira de despedida tras 18 anos nos escenarios.
- Case 4.000 empregados da Xunta xa pediron o horario flexible.
- Lugo soporta a peor folga de lixo de España
- Cara e cruz para o Deportivo FC. Ascende de novo a Primeira División e morre un aficionado en Madrid por afeccionados do Frente Atlético.
- En 2014, con maioría absoluta, o PP galego aprobou unha norma que garante a atención sanitaria no sistema público ás persoas trans e que permitiu operacións que algúns medios da dereita utilizaron posterioremente (2023) para cargar contra o Ministerio de Igualdade
- Entre 2001 e 2014, 87.351 incendios queimaron máis de 360.000 hectáreas, unha superficie maior que a provincia de Biscaia.
- Sete alertas vermellas cos ventos que superaron os 130 quilómetros por hora e as ondas chegaron a alcanzar unha altura nunca antes vista, case 28 metros en Cabo Vilán. Ademais de deixar ao seu paso praias e paseos totalmente esnaquizados, o mar engulíu a tres persoas dunha mesma familia o día de Reis
- Catro naufraxios con vítimas nun ano negro.Os barcos:  Santa Ana, O Mar Nosso , Mar de Marín e  O Safrán,  sumaron máis de 20 mortos
- Sete concelleiros populares foron condenados por prevaricación tras acordar pagar a defensa dun compañeiro seu, tamén edil na Corporación, implicado na «operación Pokemon»
- Resistencia Galega reaparece cun atentado en Baralla.
- Primeira Ofrenda ao Apóstolo de Felipe VI
- Novagalicia convértese en Abanca
- O Camiño de Santiago volveu a bater récord de peregrinos fóra de ano santo. A escasos días de que termine 2014, o roteiro xacobeo xa suma un 10% máis de camiñantes que en 2013 con 236.000, a maior cifra da súa historia sen contar os xacobeos.
- Aplícase E-DIXGAL no ensino Galego, libro dixital para 5º e 6º de primaria, e 1º,2º,3º  e 4º da ESO
- Ledicia Costas saca ao prelo o libro "Escarlatina a cociñeira defunta"

NACIONAIS
- A noticia máis vista na prensa foi `Como protexerse do Ébola?´. A enfermidade chegou, entre outros países,  a España dende África. O gran descoñecemento sobre o virus e a pouca e pésima información ofrecida polos responsables de Sanidade, especialmente co estalido da crise, motivaron que esta noticia,
- O condutor da ambulancia que trasladou ao hospital Carlos III a Teresa Romero tivo que someterse ao protocolo de seguridade e permanecer 21 días en illamento, tres semanas que pretendían descontarlle das súas vacacións.
- En España xorde o partido político de esquerdas Podemos liderado por Pablo Iglesias.
- Proclamación de Felipe VI como novo Rey de España.
- A Garda Civil incauta 127 quilos de cocaína no buque escola da Armada Juan Sebastián Elcano.
- Fin do ébola en España tras 56 días despois da aparición do virus.
- Falece Adolfo Suárez González, presidente do Goberno entre 1976 e 1981.
- 15 persoas falecen afogadas xusto ao tentar alcanzar a nado a parte española da praia do Tarajal, en Ceuta.
- Asasinan a líder do PP leonés e presidenta da Deputación, Isabel Carrasco.
- O Rey don Juan Carlos anuncia a súa abdicación. Felipe VI xura a Constitución española e é proclamado novo rei.
- Morren o xogador histórico do Real Madrid Alfredo Dei Stéfano,  o presidente do Banco de Santander, Emilio Botín, o ex-ministro Miguel Boyer ...
- O ex presidente da Generalitat Jordi Pujol admite nun comunicado que mantivo durante 34 anos  en paraísos fiscais diñeiro procedente dunha herdanza paterna. A fiscalia investiga o caso.
- 670 dos 947 concellos cataláns aproban mocións de respaldo ao referendo soberanista. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña acorda investigar ao presidente da Generalitat por desobediencia á Constitución pola consulta do 9 de novembro.
- O Goberno español suspende a venda de armas a Israel.
- Estados Unidos solicita a España usar as bases militares de Morón e Rota como escala para os avións que transportarán o continxente de 3.000 militares que loitarán contra o ébola en África
- A Audiencia de Málaga ordena o ingreso en prisión á cantante Isabel Pantoja, condenada a dous anos de cárcere por un delito de branqueo de capitais
- O xuíz instrutor do Caso Noos, José Castro, cita a declarar á infanta dona Cristina como cooperadora necesaria nos delitos fiscais atribuídos ao seu marido, Iñaki Urdangarín

INTERNACIONAIS
 - En  Moscova asínase a anexión da península de Crimea a Rusia, tras o resultado do referendo realizado o 16 de marzo na península xa mencionada.
- 15 países Europeos únense para esixir unha rebaixa do conste do tratamento da hepatite C.
- No estreito de Sicilia, a Armada de Italia atopa 30 cadáveres a bordo dun barco de inmigrantes provenientes do norte de África.
- O premio Nobel da Paz 2014 quedou en mans da adolescente paquistaní  Malala Yousafzai e o indio Kailash Satyarthi.
- O Parlamento de Crimea aproba a unión con Rusia e convoca un referendo.
- Celebración das eleccións ao Parlamento Europeo.
- Rusia condona a Cuba o 90 % da débeda contraída en época Soviética
- Escalada militar entre Israel e Hamás. O grupo islamita emprega por primeira vez foguetes que impactan sobre Tel Aviv e Haifa.
- Un mísil derruba un avión de Malaysia Airlines con 298 pasaxeiros en Ucraína. Os rebeldes prorrusos derruban dous cazas de Ucraína na zona na que foi derrubado o avión de pasaxeiros.
- O Rey de Marrocos, Mohamed VI, prohibe por decreto a actividade política dos líderes relixiosos nas mesquitas.
- O estado islámico difunde o vídeo da decapitación do xornalista norteamericano James Foley
- China iguala á Unión Europea en investimento en I+D
- O Goberno británico ofrece máis dereitos a Escocia se se rexeita no referendo previsto para o 18 de setembro a opción da independencia.
- O 55,3% dos escoceses rexeita a secesión do Reino Unido no referendo celebrado en Escocia, fronte  ao 44,7% que votou a favor


Última modificación: sábado, 1 de xuño de 2024, 1:54 PM