2011 - Efemérides
GALICIA
- Día das Letras Galegas: Lois Pereiro
- En Santiago de Compostela (Galicia) inaugúrase a Cidade da Cultura de Galicia.
- Rouban o Codex Calixtinus en Santiago de Compostela.
- A Cidade da Cultura de Galicia abría as súas portas ao público no Gaiás.
- Os incendios do verán en Galicia: 44.000 hectáreas queimadas.
- Ézaro (A Coruña) ten unha impresionante fervenza que desde 2011 ten auga todos os días.
- A peonalización da cidade fixo que houbera cero mortes na cidade por accidentes de tráfico.
- Gómez Noya lembra o Europeo do 2011 en Pontevedra como un dos peores momentos da súa carreira
NACIONAIS
- ETA anuncia finalmente o cesamento definitivo da violencia
- En España, entra en vigor a Nova Lei Antitabaco, que prohibe fumar en calquera espazo público pechado e nas inmediacións de hospitais e Parques infantís.
- O 8 de marzo de 2011 celébrase o centenario do Día Internacional da Muller.
- En Murcia (España) ten lugar un terremoto de 5,1 graos na escala de magnitude; de momento a cidade máis afectada é Lorca.
- O 15 de maio de 2011 en diferentes puntos de España, lévase a cabo o movemento cidadán coñecido como 15-M ou movemento dos indignados.
- 30 aniversario do intento frustrado de Golpe de estado.
- Créase Bildu, partido político do País Vasco. Concorrerá ás eleccións municipais despois de que o TC ratificara as listas.
- Operación Saga contra a SGAE. Deteñen ao director Teddy Bautista e a 8 directivos por delitos societarios e de apropiación indebida.
- Accidente do Yak-42 do Lokomotiv Yaroslavl
- Erupción submarina na illa do Hierro, nas Illas Canarias.
- .En España celébranse eleccións xerais. Vitoria do Partido Popular con maioría absoluta e o seu líder Mariano Rajoy asumirá o cargo de Presidente do Goberno
INTERNACIONAIS
- Estonia adopta o euro como moeda oficial.
- En Sicilia (Italia) erupciona o volcán Etna.
- En Hollywood (California), a cantante colombiana Shakira recibe, como primeira artista colombiana, unha estrela no Paseo da Fama.
- Un terremoto de 9,0 graos sacode todo Xapón e estende a alarma por todo o Pacífico. O tsunami provocado produce o Accidente nuclear de Fukushima I.
- Francia anuncia unha intervención aérea contra as forzas de Gaddafi (Libia).
- Portugal pide o rescate do fondo financeiro da Unión Europea
- En Cuba, o presidente Fidel Castro renuncia de maneira definitiva. O seu irmán Raúl Castro convértese no primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba
- Estados Unidos anuncia a morte de Osama Bin Laden nun tiroteo en Paquistán.
- Palestina convértese en membro de pleno dereito da UNESCO
- Guerra de Iraq: Estados Unidos culmina o seu retiro de Irak