Efemérides 1974
EFEMÉRIDES 1974
Local Pontevedra: Inauguración da Residencia de Montecelo.
Inaugúrase a Escola de Enfermería de Pontevedra, dependente da Deputación de Pontevedra.
Internacional: Falece en Bos Aires Juan Domingo Perón, expresidente da Arxentina, e é sucedido pola súa esposa, Isabelita Martínez Perón, quen se convirte na primeira muller xefe de estado en América do Sur.
Nacional: Prodúcese a última ausencia da Selección Española nun mundial, xa que a selección non puido clasificarse. O equipo de Amancio perdeu contra a antiga Yugoslavia a oportunidade de participar no Mundial organizado pola antiga Alemania Federal e Berlín.
Comeza en marzo o programa de natureza "El hombre y la Tierra" de Félix Rodríguez De La Fuente, con 123 capítulos posteriores durante moitos anos.
LITERATURA
Publícase “¡Viven!”, de Piers Paul Read. Un libro sobre o accidente dun equipo de rugby nos Andes e a súa supervivencia nun entorno hostil.
Publícase “Carrie”, de Stephen King. Unha rapaza que sufre acoso no instituto utilizará os seus poderes para atemorizar aos seus compañeiros.
Gañan o Premio Nobel de Literatura os suecos: Eyvind Johnson e Harry Martinson.
Premio Andersen 1974: “El papá de noche”de María Gripe, que trata sobre as relacións entre nenos y adultos.
CINE
Estréase “Chinatown” de Roman Polanski. Un detective privado investiga sobre o enxeñeiro da compañía de augas da cidade por diferentes causas.
Estréase “A matanza de Texas” de Tobe Hooper. Unha película de terror, na que un grupo de rapaces se perde nas estradas de Texas e son perseguidos por una familia cunha serra mecánica.
Estréase “Asesinato no Orient Express” de Sidney Lumet. Unha película baseada nunha novela de Agath Christie, na que Hercules Poirot investiga un crime cometido no percorrido deste míntico tren. No 2017 rodouse otra versión.
Estréase “O coloso en chamas” de John Guillermin. Na festa de inauguración dun espectacular rañaceos con problemas de construcción prodúcese un gran incendio que amenaza ao edificio e a todos os que alí están.
Estréase “O Padriño II” de Francis Ford Coppola. Esta película sobre os negocios familiares dos herdeiros de Victor Corleone gaña o Óscar a mellor película, mellor dirección e mellor actor principal.
Estréase “Os cabaleiros do botón de ancla”, de José Luís de Arcárraga, película española rodada na súa integridade na Escola Naval de Marín, protagonizada por Ángel Álvarez, Florinda Chico e Rafaela Aparicio.
MÚSICA
ABBA gaña o Festival de Eurovisión con “Waterloo”.
Mocedades mantén no número 1 durante once semanas “Tómame o déjame”.
Andrés Dobarro publica o seu último disco de título: “Andrés Dobarro” que inclúe a canción en galego “A rapaciña chora”.